25 de mar. de 2022

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Coa asistencia de 112 comuneiros e comuneiras, dos 198 que compoñen o censo

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS VÉN DE CELEBRAR ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A asemblea aprobou a concesión da Casa Forestal ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios da Xunta de Galicia, para ubicar alí un posto loxístico e de vixianza


Momento no que o tesoureiro da Comunidade de Montes de Camposancos da conta a asemblea de comuneiros dos datos económicos da mesma

Fotos: C.MM.VV. M.C. de Camposancos

Aspecto que presentaba o salón de actos da Comunidade de Montes de Camposancos no decurso da asemblea xeral ordinaria



José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos

 Na Comunidade de Montes de Camposancos botamos a andar. Queremos esquecer os longos dous anos de pandemia e retomamos todas actividades.

 Unha das últimas foi convocar os comuneiros a asamblea xeral,  para tratar os temas de interés e gobernanza desta comunidade.


* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.


Acta


A Asemblea Xeral Ordinaria da Xunta da Comunidade de Montes de Camposancos celebrouse no salón de actos o 19 de marzo de 2022, en segunda convocatoria - ás 17,00 horas -, coa asistencia de 112 comuneiros e comuneiras, dos 198 que compoñen o censo, coa seguinte


Orde do día:


1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.


2.- Aprobación, se procede, do estado económico e Orzamento 2020 e 2021.


3.- Concesión ao Concello da Guarda de 2 quioscos dos que están ubicados no cumio do Monte de Santa Tegra para seren transformados en WCs. de servizo público, con contrapartidas para a C.M. de Camposancos en servizos de suministro de auga e corriente eléctrica para diversas instalacións.


4.- Concesión ao Concello da Guarda do servizo no camiño que vai da Picota ás Bouzas.


5.- Autorizar ao presidente representación para poder concorrer no nome da Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos ás subvencións que sexan convocadas no ámbito local, provincial, autonómico, estatal ou europeo.


6.- Concesión da Casa Forestal ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios da Xunta de Galicia, para ubicar alí un posto loxístico e de vixianza.


7.- Celebración da tradicional Paletada.


8.- Prohibición de actividades cinexéticas nos terreos propiedade da Comunidade de Montes de Camposancos.


9.- Creación da Asociación cultural “Rego de Bicosán” e a súa vinculación á Comunidade de Montes de Camposancos.   


Acordos adoptados


Logo de seren sometidos a votación pola Asemblea: 


  • Puntos 1, 2, 3, 4, 5, 7 e 9: UNANIMIDADE.

  • Punto 6: APROBADO POR MAIORÍA. Tamén se contabilizou 1 ABSTENCIÓN e 2 votos EN CONTRA.

  • Punto 8: APROBADO POR MAIORÍA. Tamén se contabilizou

  • 1 ABSTENCIÓN e 7 votos EN CONTRA. 


Informada a Asemblea dos diversos asuntos de interese comunal e celebrada a votación dos puntos referidos, e sen máis asuntos a tratar, levantouse a sesión sendo arredor das 19 horas.


O secretario


Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez

Ningún comentario:

Publicar un comentario