NOVA SESIÓN DE "MÚSICA E PALABRAS"
Este venres día 4 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos
José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos
Na Casa de Montes de Camposancos xa estamos organizando actividades culturais. "Música e Palabras" é o noso referente. No mes de febreiro reiniciamos cunha acollida excepcional o que nos da folgos para continuar e cada primeiro venres de mes abriremos as portas para desfrutar da música en directo de Bieito Álvarez e das sorpresas literarias que asistentes espontáneos nos regalen. Por iso, este venres día 4 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos teremos unha nova sesión de "Música e Palabras", un evento aberto á toda a veciñanza e visitantes, ata completar aforo.
* Presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos
Ningún comentario:
Publicar un comentario