NÉSTOR REGO, ESTARÁ ESTE VENRES NA GUARDA
PARA FALAR SOBRE O PAPEL DO BNG NO CONGRESO
Infogauda / A Guarda
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Nestor Rego Candamil, estará este venres día 4 de marzo, ás 20:00 horas, nos baixos do Concello de A Guarda para falar sobre o papel do BNG no parlamento do Estado.
O acto será moderado polo portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Lois Baz Vicente.
"Abordaranse temas de actualidade política e a importancia de termos voz propia como galegos/as no Congreso", indican desde o BNG.
Concluirá con un coloquio aberto no que poderán participar as persoas que asistan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario