22 de mar. de 2022

A GUARDA

A Guarda súmase á “Hora do Planeta” apagando este sábado o alumeado de varias rúas e prazas  

O Concello apoia esta iniciativa simbólica en favor da natureza e contra o cambio climático 

 


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda súmase este sábado 26 de marzo, entre 20:30 e 21:30 horas, á “Hora do Planeta”. Unha acción que naceu fai catorce anos e que foi promovida pola organización Fondo Mundial para a Natureza (WWF) en prol da defensa da natureza e do medio ambiente. Deste xeito, o Goberno local apagará as luces de diferentes edificios e rúas da vila coma a rúa Joaquín Alonso (Praza Nova), rúa Vicente Sobrino, praza do Reló e rúa Cervantes. 

 Milleiros de cidades, institucións e persoas de todo o mundo amosarán o apoio global á acción conxunta contra o cambio climático´, nesta edición, atendendo ao chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias e á Rede Española de Cidades polo Clima. 

 “A “Hora do Planeta” serve para demostrar que a todas as persoas impórtanos o planeta e de que xuntos somos parte da solución ao cambio climático e á loita pola conservación da natureza. O obxectivo é actuar agora para que non se poña en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións vindeiras, indican desde o Goberno Municipal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario