15 de mar. de 2022

A GUARDA

Serafín Fernández Portela, reelixido secretario da Unión Local da CIG do Baixo Miño 

A IV Asemblea tamén aprobou o Informe de Xestión e renovou a executiva 


Serafin Fernández Portela (Fin), nun momento da súa intervención
Fotos: CIG



Infogauda / A Guarda

 A CIG do Baixo Miño vén de reelixir a Serafín Fernández como secretario da Unión Local, na IV Asemblea celebrada na Guarda. No encontro, no que participaron 34 delegados/as dos 36 inscritos/as, tamén se aprobou o Informe de Xestión e se renovou a executiva. 

 A IV Asemblea da Unión Local da CIG do Baixo Miño reelixiu como secretario a Serafin Fernández Portela (Fin), con 33 votos a favor e 1 en branco, o mesmo apoio colleitado pola nova executiva. No proceso celebrado no Centro Cultural guardés tamén se aprobou o informe da Executiva saínte, que resume a actividade desenvolvida polo sindicato na comarca dende a anterior Asemblea, celebrada en 2017. 


Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG de Vigo


 O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, pechou o encontro cunha intervención na que aproveitou para facer unha breve radiografía da situación socioeconómica do Baixo Miño e apelou á necesidade de incrementar a contestación social para forzar unha saída galega xusta da crise. Neste punto incidiu precisamente no feito de que a crise de 2008 tivo se vise prolongada pola pandemia, e agora polo conflito entre a OTAN e Rusia, do que dixo que non pode “servir de escusa para seguir a recortar dereitos e precarizar aínda máis as condicións de traballo e de vida da poboación”. 

 Pola súa banda, o secretario da Unión Local, Serafín Fernández, repasou a actividade desenvolvida polo sindicato nestes últimos catro anos, con especial mención aos conflitos laborais no centro educativo San Xerome Emiliani, da Guarda e nas empresas IKF, de As Cachadas (A Guarda) e Depósitos Coballes, de O Viso (A Cunchada) O Rosal. Ademais, destacou o incremento da afiliación e o feito de que a CIG superou a maioría absoluta no conxunto da comarca, onde ostenta o 53,49% da representación.

 O acto pechouse coa interpretación do Himno galego. 

 



 O acto pechouse coa interpretación do Himno galego. 

 Composición da nova executiva 


Alberto Gonçalves (4º pola esq.) xunto as/os Integrantes da nova executiva da CIG

 Serafín Fernández Portela; Olga Orduña Pereira; Serafín de la Fuente González; Javier Vicente González; Rosa María Salgueiro Fernández; Juan José Martínez Rivero e José Manuel Martínez Trigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario