Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de marzo
Desde o vindeiro luns día 7
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, o Concello de A Guarda vén de facer público que o vindeiro luns día 7 de marzo de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2022, nas unidades móbiles que veñen ata esta localidade.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en marzo ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán no día indicado, de xeito preferentemente telefónico no 986 610 000 de 9:00 a 14:00 horas, ou presencialmente na Casa dos Alonso.
A unidade móbil do Corpo Nacional de Policía desprazarase á Guarda o día 17 de marzo e a recollida de documentos terá lugar o día 22 do mesmo mes.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario