18 de mar. de 2022

A GUARDA

O BNG URXE AOS GOBERNOS GALEGO E CENTRAL MITIGAR O IMPACTO DISPARADO DA SUBA DE PREZOS    

Anxo Lois Baz (portavoz do BNG no Concello de A Guarda): “Levamos este tema a pleno porque os gobernos teñen que tomar decisións xa, para evitar que fechen máis empresas, que amarren máis barcos ou que moitas familias se sintan  desprotexidas”  


Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BNG vén de presentar unha moción para debater no próximo pleno do Concello de A Guarda na que se esixen “medidas urxentes aos gobernos Central e Galego para mitigar o impacto disparado da suba de prezos”.  

 O portavoz nacionalista, Anxo Lois Baz Vicente manifestou: “Levamos este tema a pleno porque a situación empeza a ser insostíbel e  os gobernos teñen que tomar decisións xa, para evitar que fechen máis empresas, que amarren máis barcos ou que moitas familias se sintan absolutamente desprotexidas”.  

 Os nacionalistas argumentan  que “a sociedade sofre a agudización dunha suba de prezos sen precedentes nas últimas tres décadas .A electricidade subiu no estado español no último ano  un 111,5%, o diésel un 29% e a gasolina un 25,9%”.   

 Son varios os elementos que están a provocar esta situación. A guerra agrávaa, mais a situación xa viña de antes e a pandemia tampouco explica todo. O máis importante é que a suba de prezos está condicionada por decisións políticas, que poden empeorar ou aliviar os seus efectos, afirma Anxo Lois Baz.   

 Os nacionalistas esixen “ao goberno central a intervención inmediata no sector enerxético para controlar os prezos da electricidade e do gas, recortar os beneficios das eléctricas e  impulsar unha tarifa eléctrica galega., asi como proceder  a baixada selectiva do IVE dos alimentos básicos, dos produtos de hixiene persoal e  ou do transporte público”.   

 Tamén demandan “do goberno central e da Xunta de Galicia unha fiscalidade xusta para que pague máis quen máis ten e se distribúa a riqueza, a redución das peaxes, dos impostos sobre hidrocarburos e  a protección do sector  marítimo-pesqueiro entre outras medidas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario