25 de feb. de 2022

TURISMO

O Obradoiro de Emprego colabora co departamento de Turismo do Concello de A Guarda

Traballando na promoción turística da vila 


Villa María, un dos inmobles de estilo indiano, máis grandiosos de A Guarda
Foto: Obradoiro Emprego Manuel B. Portela A Guarda

Infogauda / A Guarda

 A petición do departamento de Turismo do Concello de A Guarda, o alumnado e profesorado da especialidade de promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII, está levando a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da vila.  

 Dende o comezo do obradoiro, e combinado coa acción formativa, o equipo de traballo está facendo un estudio integral dos recursos para a elaboración dun inventario que se plasmará nun documento onde se recolle o patrimonio histórico-artístico, os espazos naturais, personaxes ilustres, rutas de sendeirismo, eventos, patrimonio inmaterial, etc. 

CASAS INDIANAS DE A GUARDA: UN PATRIMONIO SINGULAR

 Cabe salientar o proxecto que complementa o traballo feito ata a actualidade desde Turismo para a posta en valor das casas indianas, un importante reclamo turístico  da nosa vila e que se pretende seguir revalorizando este singular patrimonio, para iso estase recopilando información, contando coa axuda e asesoramento de Miguel Ángel Villa Álvarez, historiador local e gran coñecedor deste patrimonio. 


Alumnado e profesorado da especialidade de promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII, nunha saída de campo

Foto: Obradoiro Emprego Manuel B. Portela A Guarda

 Noutro orden de cousas, o alumnado traballador realizou unha enquisa a pé de rúa para coñecer de primeira man como ve a nosa poboación o turismo, os seus recursos, que grao de coñecemento teñen deles, que melloras consideran que hai que facer, etc. 

 Todas estas actividades son realizadas no centro de traballo, e combínanse con saídas de campo, que permiten estudiar a fondo eses recursos, e darnos unha visión máis realista do municipio. Tendo en conta as novas tendencias no ámbito da promoción turística, abríronse dúas contas (@promocionturisticaaguarda en Instagram, e Obradoiro Emprego Manuel B. Portela A Guarda en Facebook) en redes sociais que reforzan a labor promocional dos recursos, e do traballo realizado polo obradoiro de emprego na especialidade de turismo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario