25 de feb. de 2022

TUI

De fortaleza en fortaleza

Sábado 26 de marzo, ás 08:00 horas (07:00 horas portuguesas) desde a Porta do Sol, de Valença



Club Andatui / Tui 

 O sábado 26 de marzo o club Andatui realizará unha actividade de ocio onde mesturaremos sendeirismo con turismo histórico, visitando catro fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.  

 Nesta ruta, duns 22 quilómetros, visitaremos catro cidades amuralladas (Valença, Tui, Salvaterra de Miño e Monçao) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño.   

 Sairemos, en grupo e de xeito controlado, desde a Porta do Sol de Valença para rodear a fortaleza de Valença onde un guía nos falará da súa historia. A continuación, e seguindo o Camiño Portugués a Compostela, camiñaremos ata a praza da Catedral de Tui onde outro guía nos explicará a súa historia. Finalizada a explicación daremos saída libre polo sendeiro que vai ao carón do río Miño ata o parque A Canuda, en Salvaterra de Miño, onde xantaremos. Pola tarde faremos unha visita guiada a fortaleza de Salvaterra de Miño , rematada esta visita seguiremos camiño ata a fortaleza de Monçao onde tamén recibiremos explicacións da súa historia. Ao finalizar esta visita colleremos os buses que nos levarán ata o punto de partida en Valença.  

 Nas seguintes ligazóns podedes obter máis información turística das catro cidades: Turismo Valença, Turismo Tui, Turismo Salvaterra de Miño e Turismo Monçao.  

 (Si clicades nas palabras en cor azul podedes ver vídeos e información diversa)  

Datos a ter en conta:      

 Sairemos ás 08:00 horas (07:00 horas portuguesas) desde a Porta do Sol de Valença, onde se poden aparcar facilmente os coches. Pola tarde, ás 16:00 horas (15:00 horas portuguesas), sairemos desde a entrada principal do parque de A Canuda para ir visitar as fortalezas de Salvaterra do Miño e Monçao.     

 Prezo: 6 euros, onde está incluido o xantar (empanada, froita e bebida) e o transporte en buses desde Monçao ao punto de partida en Valença.    

 Ingresar os 6 euros no Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717  (Para transferencias internacionais: Código SWIFT ou BIC BSABESBB). Facendo constar os nomes e apelidos dos participantes.      

 As inscricións rematarán o martes 22 de marzo ás 23:00 horas galegas.  

MOI IMPORTANTE:   

 Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso correo electrónico clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.  

 En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono: +34 607 785 601 (Tato).

INSCRICIÓNS

Ningún comentario:

Publicar un comentario