SOBRE A “POLÉMICA” COS CAZADORES NO MONTE SANTA TREGA
Ca calma que da o paso do tempo para facer unha reflexión seria, profunda e realista despois da “poeira” levantada (en moitas das declaracións vertidas nos medios de comunicación) particulares, partidistas e interesadas.
En primeiro lugar, poñer en coñecemento do público en xeral, que a maioria da polémica que se publicou non atinxe a esta Comunidade dado que pola beira da estrada de Circunvalación nos temos máis que dous pequenos enclavados.
Segundo que na zona por enriba de San Queitano, despois da parte urbana, sí temos visto e a diario moitos veciños/as paseando, acompañados dos seus cans, algún soltos, sen bozal, e realmente a día de hoxe non ter xurdido ningún problema.
Non nos consta que os cazadores nese espazo haxan estado facendo ningún tipo de actividade, xa que coñecen ben e que saben que a parte comunal está definida como REFUXIO DE FAUNA, ou o é o mesmo, non se pode cazar nin adestrar os animais. Nesta definición, levamos máis de DEZ (10) ANOS e a día de hoxe non temos tido ningún tipo de problemas cos cazadores.
Somos conscientes e estamos preocupados pola perigosidade da proliferación dos xabaríns no Monte Santa Trega, un problema que ameaza a todo o noso pobo. Todos somos conocedores da presencia de grupos de 8/10 comendo a beira dos contedores, cruzando as estradas ou destrozando as leiras que moitos dos nosos veciños limpan e fan plantación de productos de consumo caseiro. Moitos nos teñen manifestado a súa preocupación e enfado ante estes destrozos así como o risco que se presenta cando chegan a regar e os atopan dentro das súas propiedades. Esta mesma problemática dase por todo o noso pobo con maior rutina cara o verán. Así mesmo, simplemente unha subida o monte, pode verse como a beira da estrada, todas as zonas verdes están desfeitas polas fociñadas dos xabaríns.
Queremos manifestar, que SEMPRE que solicitamos dos cazadores que prepararan algunha batida para disminuir a poboación, SEMPRE colaboraron con esta Comunidade de Montes, organizados e tramitando todos os requisitos.
Deixamos claro, que o que acabamos de expoñer é referente a todo un colectivo, non sabemos si algún a título individual, pode haber feito algo irregular, pero reiteramos que como colectivo teñen estado axudando e participando SEMPRE.
Non podemos decir o mesmo de “aqueles” que aproveitando a noite do día anterior, se adican a tirar “petardos” ou facer soar os coches para facelos salir os xabaríns das súas tobeiras e se vaian dos espazos donde se vai a levar acabo esa actividade.
Si pensaran no risco que se da cando cruzan a estrada o xabaril e baixa un coche, unha moto, bicicleta ou autobús e provoca unha manobra brusca, seguramente…
A Guarda, a 24 de Febreiro do 2022.
XUNTA REITORA C.MM.VV.M.C.
PARROQUIA DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario