28 de feb. de 2022

GOIÁN (TOMIÑO)

O CINECLUB POLEIRO REACTÍVASE COA PRIMAVERA  

Volve o cine. O cineclub Poleiro programa un ciclo de catro películas españolas en apoio a un dos sectores castigados pola pandemia. 

Xoves día 3 de marzo, ás 21.30 h., no Auditorio de Goián




Rita Alonso / Goián 

 O próximo xoves, 3 de marzo, ás 21:30 h., no Auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta La Novia, unha adaptación de Bodas de Sangre, de García Lorca. Unha fita dirixida por Paula Ortiz.  

Sinopse: Dende pequenos, Leonardo, o noivo e a noiva formaron un triángulo inseparable, pero cando se achega a data da voda, as cousas complícanse porque entre ela e Leonardo sempre houbo algo máis ca amistade. 

Premios 

Dous Goya, incluíndo Mellor fotografía.

Seis Premios Feroz, incluíndo mellor Película Dramática.  

Ciclo de primavera. Programación

 O 7 de abril, programamos La vida era eso, dirixida por David Martín de los Santos. Trata da relación de dúas mulleres españolas de dúas xeracións que emigraron a Bélxica e coinciden nun hospital. 

 O 5 de maio, La hija, dirixida por Manuel Martín Cuenca. Conta a historia de Irene. Ten 15 anos, vive nun centro de menores infractores e queda embarazada. Pode cambiar de vida coa axuda dun educador.  

 O 2 de xuño o ciclo remata con El amor en su lugar, de Rodrigo Cortés. 

Xaneiro de 1941. 400.000 mil xudeos de toda Polonia levan máis dun ano confinados polos nazis nun estreito gueto. Fora do muro, a vida segue,...  

 O bono de socio para o ciclo custa 10€. Desconto con bono anterior 5 €  

Máis  información: Ramón Álvarez. Teléfono: 629 735 337

Ningún comentario:

Publicar un comentario