GOIÁN A TOPE CO ENTROIDO
Catro días de programación festiva promovida la Asociación Cultural Taíña, co apoio da veciñanza goianesa e do Concello de Tomiño
De feito, en Goián, a programación do Entroido 2022, xa comezou onte co concerto de Xis Connection e The Black Turf, no Centro Goianés, ademáis de pinchada, con entrada libre ata completar aforo.
Na tarde deste sábado día 26, desde ás 17:00 horas, actuación e pasacalles de Brassica Rapa, ademáis de xogos populares e sorpresas ao longo de tofda á tarde.
Pola noite, desde ás 22:00 horas, Máis Lume Kolektive Soundsystem.
O Domingo de Entroido, ás 17:00 horas, na praza de Antonio Fernández, actuación e pasacalles coa treboada Os Terribles, de Tomiño, e máis unha rondalla de carretillos.
Ás 20:00 horas, serán de entroido.
E desde ás 20:00 horas, sesión bailonga con Lakenobaila DJ e concurso de disfraces.
O Luns de Entroido, ás 22:30 horas, celebrarase o Goián Fest (festival de imitación de artistas). Comezará cun pasacalles desde A Zulmira ata a praza e ás 24:00 horas, gran actuación na praza de Antonio Fernández e festa co DJ Sapoconcho sem poncho.
E o Martes de Entroido (1 de marzo), ás 17:00 horas, pasacalles das comparsas desde San Roque á praza, coa compaña da charanga Vaya Panda.
Asemade, na praza de Antonio Fernández, encontro de disfraces e ás 19:00 horas, concerto de Breocáns.
Por último, a partires das 21.30 horas, guateque final co DJ Sapoconcho sem poncho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario