1 de feb. de 2022

EMPREGO

O Concello de A Guarda contratará a 14 persoas desempregadas 

Ao abeiro do Plan de Obras e Servizos 2022 da Deputación de Pontevedra 




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que vén "de recibir a concesión dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación dun total de 14 persoas desempregadas, grazas ao Plan de Obras e Servizos 2022 do ente provincial, na súa liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.  

 Con data 1 de febreiro de 2022 foi concedida ao Concello de A Guarda unha axuda de 130.917,22€ para a contratación de 14 traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego". 




 Serán beneficiarias as persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego nos códigos CNO que se indican para cada posto. Estes  requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.  

REQUISITOS ACADEMICOS

 Para os postos de axudante de camión lixo, peóns limpadores NON se precisa titulación.  

 Para o posto de conserxe precísase como mínimo ter o titulo de graduado en ESO ou equivalente.  

 Para o posto de animador socio cultural precísase como mínimo ter o título de Ciclo Superior en Animación Socio Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario