1 de feb. de 2022

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS LICITA AS OBRAS DA CASA DO COUTO  

Que teñen un custo aproximado a 105.000€


Estado na que se atopa a Casa do Couto
Fotos: E.L.M.


Infogauda / Camposancos

 No Pleno celebrado o pasado 26 de xaneiro, a Entidade Local Menor (E.L.M.) de Camposancos (A Guarda), acordou iniciar os trámites para licitar as obras da Casa do Couto.  

 As devanditas obras teñen un custo aproximado a 105.000€ e realizaranse con fondos propios da Entidade Local Menor de Camposancos. Consistirán na dotación de tellado, illamento e pintura exterior, ademais da reparación de estruturas en mal estado e toda a carpintaría exterior.  

 A Axencia de Protección de Legalidade Urbanística (APLU ) dera orde de derrubamento da casa no pasado mandato. A  orde era clara: derrubamento ou afrontar as obras.  

 A presidenta da ELM, Mª Mercedes Martínez Vázquez anunciou que "a Casa do Couto se vai transformar nun espazo accesíbel, sen barreiras arquitectónicas de moita utilidade para a veciñanza de Camposancos. O seu uso estará destinado a realización de actividades culturais, reunións veciñais, cursos de formación, campamentos de verán para nenas e nenos, entre outros".

Ningún comentario:

Publicar un comentario