17 de feb. de 2022

DEPORTES

FÚTBOL

Preferente Galicia 1ª Fase Grupo 2º Sur - Subgrupo B

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ A U. D. ATIOS

Este domingo día 20 de febreiro de 2022, ás 4:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Se nada imprevisto o impide, o Sporting Guardés recibirá a U. D. Atios. Será o vindeiro domingo día 20 de febreiro de 2022, ás 4:30 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña.

 O encontro prevése interesante, toda vez que o conxunto da U.D. Atios, situado na 5ª posición da táboa clasificatoria, ten na súa alforxa 30 puntos, obtidos nos 20 encontros que leva disputado. Pola súa parte, o Sporting Guardés, está ubicado na 9ª posición, con 22 puntos, logrados nos 18 partidos que leva xogado. 

 Pola conta que lle ten, o equipo de A Guarda será o que terá que pór, deportivamente falando, todo de súa parte, para procurar manterse nunha posición que non conleve perigo. E a U.D. Atios, virá ata nosa vila co propósito de levarse os puntos en xogo.

 Dese xeito, todo semella indicar que os seareiros de ambos os dous equipos poderán gozar dunha tarde de bó fútbol, na que calquera das formacións ten lexítimas aspiracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario