FÚTBOL
Segunda Galicia Vigo - Grupo B
O EQUIPO U. D. RIBERA RECIBIRÁ A U. D. MOS
Este domingo día 20 de febreiro, ás 15:30 horas no Campo Municipal da Mata (O Rosal)
Emocionante partido o que se presenta este domingo día 20 de febreiro ás 16:30 h. no Campo Municipal da Mata, onde se van a enfrontar dous dos equipos que ocupan postos de fase de ascenso: o conxunto da U.D. Ribera vs o da U. D. Mos.
Ao comezo do encontro gardarase un minuto de silencio en memoria dos mariñeiros falecidos no naufraxio do pesqueiro "Villa de Pitanxo".
Nestes intres a clasificación está liderada polo conxunto visitante - U. D. Mos - con 29 puntos, acadados en 13 partidos xogados.
Na 3ª posición atópase o equipo da U.D. Ribera, de O Rosal, con 23 puntos, logrados nos 12 encontros que leva disputado.
Ainda que no seu conxunto os datos que aporta a U.D. Mos outórganlle a bitola de favorito, o equipo da U. D. Ribera, pola súa banda, vén demostrando os froitos dun traballo feito con pasión polas cores rosaleiras. Dese xeito, previsiblemente, o encontro vai ofrecerlles aos seareiros bos momentos de fútbol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario