24 de feb. de 2022

DEPORTES

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo asistiu á entrega de premios da primeira etapa de "O Gran Camiño" entre O Porriño e Vigo  

Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe a Magnus Cort Nielsen o maillot amarelo como líder da clasificación xeral da proba ciclista O Gran Camiño

Foto: X.G.

Infogauda / Vigo

 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe a Magnus Cort Nielsen o maillot amarelo como líder da clasificación xeral da proba ciclista O Gran Camiño tras o remate da primeira etapa entre O Porriño e Vigo, que atravesou varios tramos do Camiño Portugués.  

 A Xunta apoia esta celebración na que se promoverá a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 polo seu impacto para dar a coñecer os recursos turísticos da comunidade e o Camiño de Santiago co obxectivo de atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo neste Ano Santo. A proba atravesa as catro provincias e percorre distintos tramos do Camiño de Santiago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario