2 de feb. de 2022

DEPORTES

JUDO

DÚAS MEDALLAS DE OURO NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR PARA O JUDO BAIXO MIÑO 

  


C.D. Baixo Miño / A Guarda

 Esta fin de semana celebrouse en Salamanca a primeira proba junior do ano, do club de judo Baixo Miño de A Guarda na cal participaban tres  judokas:

 Verónica Pérez Pacheco, na categoría de -57kg, que gañou todos os seus combates e alzouse coa medalla de ouro.  

 Noa González da Costa Evangelista, na categoría de -70kg, do mesmo xeito que a súa compañeira gañou todos os seus combates e subíu todo o máis alto do  pódium. Medalla de ouro, que xunto á súa pasada medalla de bronce no campionato de España cadete, afiánzaa como unha das mellores  judokas na súa categoría a nivel nacional. 

 Pablo Cadilla Vasconcellos, que estreaba categoría, competíu en menos de 81kg, e a pesar dos bos combates realizados non puido pasar de segunda rolda. 

 Desde a dirección queremos darlle o parabén e desexarlle sorte para próximas competicións.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario