ANABAM PUBLICOU UN NOVO CARRIZAL
· É o nº 9 (Época II), e corresponde a setembro-outubro de 2021
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), cuxa actividade principal - desde 1985 - é a observación, defensa, protección, estudo e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural da área transfronteiriza correspondente ao Baixo Miño galego e ao Alto Minho portugués; vén de publicar o nº 9 (Época II), do boletín Carrizal, correspondente a setembro-outubro de 2021.
Ao tempo que agradecemos públicamente que, unha vez máis, Agustín Ferreira Lorenzo, presidente e membro fundador de ANABAM tivera a ben achegarnos un exemplar da devandita publicación, queremos salientar que a publicación - que conta cunha subvención do Concello de A Guarda - leva na súa portada unha fotografía dun exemplar de Drosera - planta carnívora -, obtida nos arredores do muiño das Aceñas (O Rosal), polo fotógrafo Luis Dorado Senra.
No contido do Carrizal figuran os seguintes artigos:
- A escultura no castro de Santa Trega, de Antón Ferreira Lorenzo.
- Eólicos sí... pero non así.
- Estudo comparativo da diversidade xenética dunha poboación de Charadrius alexandrinus, de Iria Sanz Berridy.
- Escaravellos do Baixo Miño, de M. Javier Blanco Souto.
- Borrelhos. Campaña 2021, de Agustín Ferreira Lorenzo.
- Un borrelho menos.
- Fauna silvestre atropelada.
- Miñato queimado, de Dani Sestelo.
- Sabías que?
- Lembrando ao P. Baltasar Merino. Recompilación Antón Ferreira Lorenzo.
- Gaio azul (Coracias garrulus). Primeira cita para o esteiro do Miño, de Manuel Sobrino Senra.
- Tarentola mauritánica, novo dato para o Baixo Miño.
- Cadáver dun caldeirón, por Agustín Ferreira Lorenzo.
- Nomes e usos da botella (Fucus spiralis), de Agustín Ferreira Lorenzo.
- Paradisea lusitanica, de Agustín Ferreira Lorenzo.
- Cousas de ANABAM.
- Censo de aves acuáticas no Esteiro do Miño.
- Apuntes da nosa historia. Observatorios ornitolóxicos.
Asemade, como vén sendo costume, no Carrizal figura a composición da xunta directiva de ANABAM, así como á información das diferentes posibilidades de contacto, importe da subscrición anual ao devandito boletín para aquelas persoas que non sexan asociadas, xa que os membros da Asociación Naturalista "Baixo Miño" reciben o boletín de balde, e outras novas de interese.
Finalmente queremos salientar que Carrizal está publicado íntegramente en galego, todo un fito que compre recoñecer polo que conleva de normalización lingüística, sendo todo un exemplo de contribución ao uso cotiá - e sen ningún tipo de complexos - da nosa lingua que ben merece pór de relevo. Desde este xornal dixital saudamos ese firme compromiso dos activos membros de ANABAM.
Ningún comentario:
Publicar un comentario