23 de feb. de 2022

SOCIEDADE

Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia 

Participou na manifestación en defensa da Atención Primaria celebrada na Guarda 


Alcaldesas e alcaldes do Baixo Miño, na concentración de hoxe na vila de A Guarda
Vista parcial da veciñanza na mobilización de hoxe na praza de Avelino Vicente, en defensa da sanidade pública


G. M. do PSdeG-PSOE / Oia / O Rosal

 O portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, Gerardo Rodríguez Refojos, asistiu hoxe, na Guarda, á concentración para denunciar o desmantelamento da Atención Primaria no Baixo Miño.  

 A praza de Avelino Vicente González, no casco urbano de A Guarda foi o lugar elexido pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para realizar esta manifestación á que acudiron numerosas persoas de diversas plataformas en Defensa da Sanidade Pública da Comarca do Baixo Miño, Val Miñor e arredores.  


Representantes do PSdeG-PSOE na concentración de hoxe na Guarda

 "A situación dos PAC e dos centros de saúde do Baixo Miño exemplifica que a Atención Primaria en Galicia está na UCI e a carencia de persoal sanitario nos centros de saúde é manifiesta. 

 Os recortes da Xunta do PP están provocando que na Atención Primaria do Baixo Miño, ao igual que noutros lugares de Galicia, un deterioro na atención e unha merma na calidade do servizo.  

 A solución pasa por mudar a política de recortes de persoal da Xunta que debe volver contratar aos máis de 500 profesionais despedidos e elaborar un plan extraordinario de reforzo de persoal, xa que esta é a mellor forma de facer fronte ás dificultades que está pasando a sanidade", manifestou Gerardo Rodríguez Refojos.

José Carlos Martínez Crespo participou na manifestación en Defensa da Atención Primaria celebrada na Guarda 


O concelleiro José Carlos Martínez Crespo, xunto con membros da Corporación Municipal do Rosal, na concentración desta tarde na Guarda

 O portavoz do PSdeG-PSOE no Concello do Rosal, José Carlos Martínez Crespo, asistiu hoxe, na Guarda, á concentración para denunciar o desmantelamento da Atención Primaria no Baixo Miño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario