A Guarda contará co servizo móbil de nova xeración
Infogauda / A Guarda
O equipo de goberno municipal vén de facer público o seguinte comunicado:
"O Concello de A Guarda informa que en vindeiras datas contarase na vila co servizo móbil de nova xeración na banda de 700 MHz coas principais operadoras móbiles.
Nesta fase inicial as empresas verificarán a calidade do servizo, co cal terase mellor cobertura tanto en interiores coma exteriores, así coma unha mellora substancial na velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, e novos servizos que sairán ao mercado nos vindeiros anos.
A prestación dos servizos móbiles nesta banda de 700 MHz pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT dos usuarios da nosa vila, debido a que esta frecuencia empregábase anteriormente para servizo de televisión.
Para solucionar ditas afectacións, en caso de chegar a producirse, os operadores móbiles habilitaron a llega700, para resolver as incidencias a través do numero de contacto de atención gratuíta para a cidadanía 900 833 999.
Trala notificación da afectación por parte dos veciños, un técnico cualificado desprazarase e procederá a realizar as labores de acondicionamento para solucionar a incidencia. Todo iso sen custe algún para eles".
Ningún comentario:
Publicar un comentario