“AS OBRAS DA XUNTA DE GALIZA NO CENTRO DE SAÚDE DA GUARDA CARECEN DE LICENZA MUNICIPAL E O GOBERNO SOCIALISTA MIRA PARA OUTRO LADO”
Anxo Lois Baz Vicente (BNG): “Esiximos que se repoña a legalidade urbanística e que se replantexe a obra para dotar ao Centro de Saúde de acceso para ambulancias e persoas con mobilidade reducida”.
Infogauda / A Guarda
Na mañá deste martes día 1 de febreiro de 2022, o BNG vén de facer público o seu “asombro ao descubrir que as obras que realiza a Xunta de Galiza diante do Centro de Saúde da Guarda carecen de licenza municipal e dos permisos sectoriais correspondentes.
O BNG considera grave que unha administración pública coma a Xunta de Galiza inicie unhas obras sen licenza municipal e sen os permisos sectoriais correspondentes e que o goberno municipal do PSOE, que é coñecedor da obra o consinta”.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz Vicente declara: “Non é facil de entender que a Xunta faga unha obra clandestina e que o Goberno Municipal do PSOE mire para outro lado sen preocuparse de que se cumpla a legalidade urbanística nin tampouco de que a obra contemple o acceso para ambulancias e persoas con mobilidade reducida. A desidia e a falta de proxecto para A Guarda do Goberno Socialista ponse de manifesto unha vez máis”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario