19 de xan. de 2022

VIGO

CONCENTRACIÓN DO COLECTIVO DE PERSOAS XUBILADAS E PENSIONISTAS DA  CIG

Este xoves, 20 de xaneiro de 2022, ás 11:00 horas, no centro de saúde de Rosalía de Castro (Vigo)


Infogauda / Vigo

 O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG de Vigo convoca unha concentración para este xoves día 20 de xaneiro de 2022, ás 11:00 horas, no centro de saúde de Rosalía de Castro (Vigo), co propósito de "denunciar que a Consellería de Sanidade centrase o seguimento da covid no servizo de Atención Primaria sen telo dotado de recursos para garantir a cobertura do resto  das necesidades sanitarias da poboación". 

 Dende o colectivo reclaman "unha reforma estrutural dun servizo que xa antes da pandemia  padecía unha situación de sobrecarga e de falta de recursos". En concreto, demandan "o incremento do número de profesionais para prestar unha asistencia sanitaria integral e de  calidade; a posta en marcha das carteiras de servizo de todos os profesionais, incorporando aquelas persoas que poidan mellorar a resposta ás necesidades da poboación; e unha reforma  das áreas administrativa, escoitando as propostas dos profesionais e das persoas usuarias".

Ningún comentario:

Publicar un comentario