25 de xan. de 2022

TURISMO

O Concello de A Guarda participou na Feira de Turismo de Madrid 

Como un dos protagonistas na presentación do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño  


Os interesados en coñecer A Guarda tiñan no espazo expositivo de Turismo de Galicia material turístico e calendarios fotográficos do Concello

Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Cada ano A Guarda, como destino turístico destacado, conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid (FITUR). 


Carmela Silva Rego - 4ª pola esq. -, presidenta da Deputación de Pontevedra, na presentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués”, do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño

 O xoves 20 de xaneiro no espazo expositivo de Turismo de Galicia tivo lugar a presentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués”, do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño, e A Guarda ofreceu a súa experiencia no Camiño Portugués da Costa. 


Rosalía Verde Pérez - 4ª pola esq. -, nun momento da súa intervención no acto de preentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués”


 Nesta presentación estiveron presentes profesionais de diferentes ámbitos do turismo onde ofreceron a súa experiencia no camiño e no trato diario cos peregrinos. O Concello de A Guarda estivo representado pola técnico de Turismo, Rosalía Verde Pérez, que trasladou aos asistentes a atención prestada na Oficina de Turismo e a relevancia da Guarda como primeiro municipio galego do Camiño Portugués da Costa. 

 Ademais nesta presentación foi dado a coñecer o vídeo promocional da campaña para este 2022 onde cinco mulleres vinculadas ao turismo contan a importancia social e económica do camiño para os concellos do Camiño Portugués e da Costa. As cinco mulleres protagonistas do vídeo son Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda. 


A Guarda tamén brillou no espazo expositivo de Turismo España

 Ademais asistiuse á presentación da campaña “Love Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra e no seu vídeo promocional amosan a historia de 7 persoas que se achegaron ata a provincia e decidiron quedarse a vivir. Unha destas protagonistas é Daniela Savic, naceu en Eslovenia e chegou A Guarda como xogadora de balonmán e agora continúa como adestradora. A través do seu relato e as panorámicas da vila converteuse nunha excelente embaixadora do noso concello. 

 Os interesados en coñecer A Guarda tiñan no espazo expositivo de Turismo de Galicia material turístico e calendarios fotográficos do Concello. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario