A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO PÍDELLE AO SERGAS UN PLAN DE CONTINXENCIA
Có incremento de persoal para dar cobertura as necesidades asistenciais e de sobrecarga actual
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, ante a situación existente na área sanitaria de Vigo e na comarca, de colapso da atención primaria pola sobrecarga asistencial derivada da Pandemia polo Covid - 19, quere manifestar que a Atención Primaria xa atravesaba unha profunda crise estrutural, con déficit de profesionais pola falta de adecuación dos cadros de persoal as necesidades poboacionais, a non renovación de xubilacións, baixas e vacacións, con demoras e masificación na asistencia, como consecuencia dos recortes nos orzamentos aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular. Na actualidade, os orzamentos na Atención Primaria apenas supoñen o 12% do orzamento sanitario total, que volve a baixar un 2% nos actuais presuposto presentados polo PP no parlamento Galego. Evidentemente é insuficiente e é urxente incrementalo.
Estas medidas para evitar a transmisión, están tendo consecuencias negativas na calidade da atención que reciben as e os cidadáns, entre elas o incremento das listas de espera e o atraso no diagnostico de patoloxías como as tumorais.
Queremos solidarizarnos cos traballadores sanitarios, co seu importante compromiso nos momentos críticos, e pedirlle que non decaian no seu traballo e atención non soi as patoloxía Covid e urxentes, senón tamén as patoloxías crónicas. Os traballadores sanitarios, están sufrindo, políticas de persoal ausentes de incentivos para sentirse atraídos polo sistema público, que agotan, frustan e os condenan a emigrar ou a traballar na sanidade privada.
As autoridades sanitarias do Sergas, pedímoslle un plan de continxencia XA!!, có incremento de persoal para dar cobertura as necesidades asistenciais e de sobrecarga actual. Para esto é preciso, contratar e acabar coa precariedade laboral do persoal implementando un “Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisciplinares para dar cobertura ás necesidades de saúde da poboación e dea estabilidade no traballo. As políticas de recortes e descapitalización na Asistencia Sanitaria, realizada sibilinamente polo PP na Xunta de Galicia, está levando o desmantelamento e privatización da Sanidade e mais na Atención Primaria.
A poboación pedímoslle unha defensa expresa da sanidade pública, porque é a única garantía de acceso a unha atención sanitaria de calidade e equidade da cidadanía. Comprensión cos traballadores da Atención Primaria que se atopan exhaustos e desprotexido pola Administración, así como o cumprimento das normas sanitarias, de utilización das máscaras e distancia de seguridade, evitando as aglomeracións, como forma de evitar o colapso do sistema sanitario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario