Román Rodríguez participou na ofrenda floral a Valle-Inclán
Con motivo do 86 aniversario do seu pasamento
Infogauda / Santiago de Compostela
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe en Santiago de Compostela, na tradicional ofrenda floral en homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 86 aniversario do seu pasamento.
Xunto a representantes institucionais, da cultura e familiares do autor, Román Rodríguez salientou a figura deste galego ilustre que conseguiu “levar o nome de Galicia polo mundo enteiro” e cuxa obra e legado continúa “plenamente vixente”. Durante o acto no cemiterio de Boisaca tamén se lembrou a Isaac Díaz Pardo, finado un 5 de xaneiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario