4 de xan. de 2022

OIA

Tendo en conta a incidencia da COVID-19

O Concello de Oia cancela a cabalgata de Reis 

   

Os Reis Magos e seus paxes, nunha visita precedente a localidade de Oia
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia decidiu cancelar a cabalgata de Reis prevista para o día 5 de xaneiro tendo en conta a incidencia da COVID-19.  

 Atendendo á evolución que está a experimentar a pandemia, o Concello decidiu, por prudencia, suspender os tradicionais actos protagonizados polos Reis Magos nas diferentes parroquias do municipio, os cales tiñan como final de itinerario o CEIP Mestre Manuel García.  

 A alcaldesa, Cristina Correa, agradece á veciñanza a súa colaboración e esforzo á hora de preparar os decorados que se ían colocar para a celebración da cabalgata. Así mesmo, manifestou a súa esperanza en que, para o próximo ano, a comitiva real poida facer o seu percorrido sen restricións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario