Galicia necesita sangue dos grupos 0 positivo, A negativo e A positivo e pide a colaboración da cidadanía
As reservas dos grupos 0 Positivo, A Negativo e A Positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue
A situación actual da pandemia, con máis de 59.000 casos activos, repercuten nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos
Infogauda / Santiago de Compostela
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos 0 Positivo, A Negativo e A Positivo.
As xornadas festivas xunto coa situación actual da pandemia, con máis de 59.000 casos activos, repercuten nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos, polo que resulta preciso reactivar o permanente chamamento á doazón. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario