JUDO
VERÓNICA PÉREZ E NOA GONZÁLEZ, MEDALLAS DE OURO NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR
Verónica Pérez e Noa González, con Mónica Pacheco, do C.D. Baixo Miño
Foto: C.D. B.M.
Infogauda / Deportes
Verónica Pérez e Noa González, judokas do C. D. Baixo Miño, de A Guarda, veñen de lograr súas respectivas medallas de ouro, nas categorías - 57 kgs e - 70 kgs, respectivamente, na Copa de España de Judo Junior, celebrada en Salamanca.
Asemade, Pablo Cadilla tivo unha boa actuación. Segundo a adestradora Mónica Pacheco Lomba, queda adaptarse á nova categoría.
Parabéns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario