SERÁN DE SAN AMARO
O sábado día 15 de xaneiro de 2022, ás 8 da tarde no patio da Casa de Montes de Camposancos
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Ainda que polo de agora, a nivel pandemia, todo semella que este 2022 vai ser, dalgún xeito "xemelgo" do ano precedente, no que respecta a celebracións culturais e festivas; a xunta reitora da Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez, vén de dar a coñecer o cartel para conmemorar a festividade de San Amaro.
Dese xeito, a data do 15 de xaneiro de 2022, non pasará en branco, xa que ese día, ás 8 de tarde, no patio da Casa de Montes de Camposancos, celebrarase O Serán de San Amaro, proposta cultural que contará coa actuación do grupo Novo Orballo, da Agrupación Musical do Rosal.
O Serán de San Amaro vai ser un evento adaptado as circunstancias que nos veñen impostas, e cuxos motivos todos coñecemos, pero como decimos, será unha ocasión que non quedará baleira de contido. E iso ten moito mérito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario