Para cubrir 4 prazas na Escola Infantil Municipal de A Guarda
Servizos Sociais abre proceso extraordinario
Infogauda / A Guarda
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abrirá o próximo venres día 14 de xaneiro do 2022, un proceso extraordinario para cubrir as seguintes prazas:
- Aula de 0-1 anos: 2 prazas a xornada de tarde.
- Aula de 2-3 anos: 2 prazas a xornada de tarde.
Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 14 ao 20 de xaneiro.
Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do concello de A Guarda en horario de 9:00 a 14:00h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario