12 de xan. de 2022

A GUARDA

No Día das persoas usuarias das bibliotecas  

A Guarda premia aos mellores lectores 


De esq. á der.: Mª Montserrat Magallanes, Consuelo González, Davi Sieves, Antonio Lomba, Mateo Alonso e Marisol Diz, no acto de entrega dos premios aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal de A Guarda

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O martes día 11 de xaneiro celebrouse  o “Día das persoas usuarias das Bibliotecas”, e dende a Biblioteca Pública Municipal de A Guarda fíxose entrega duns diplomas e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías adulto, xuvenil e infantil. 

 As persoas premiadas foron Consuelo González Iglesias, como mellor lectora adulta, con 109 libros; Davi Sieves, co premio ao mellor lector xuvenil, con 30 libros; e Mateo Alonso Álvarez, mellor lector na categoría infantil, con 97 libros solicitados en préstamo. 

 Recibiron da man do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos, e da concelleira de Cultura, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, un lote de libros adaptados ao seu perfil lector. 

 Ademais, as persoas que se achegaron á biblioteca durante o día, recibiron como agasallo unha bolsa de tea cun deseño exclusivo  e o lema “Un libro, un mar cheo de ideas”. 

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e dentro da clasificación de libros máis lidos atopamos:  

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO ANO 2021. INFANTIL  

● Una cena monstruosa. Meritxell Martí, Xavier Salomó.  

● El monstruo de colores va al cole. Anna Llenas.  

● Daniela y las chicas pirata. Susanna Isern & Gómez 

● ¡Calvin, ten cuidado!: el pájaro ratón de biblioteca necesita gafas. Jennifer Berne 

● Diario de un aldeano megapringao. Cube Kid 

● Rapunzel con piollos. El Hematocrítico. 

● Daniela Pirata. Susanna Isern & Gómez.

● La isla del abuelo. Benji Davies. 

● Las Ratitas: Tres, dos, uno... ¡superpoderes!. Claudia Itarte. 

● Elmer e o osiño perdido. David MacKee  

LIBROS MÁIS EMPRESTADOS NO ANO 2021. ADULTOS  

● La chica de nieve. Javier Castillo.  

● Rey Blanco. Juan Gómez-Jurado.  

● La red púrpura. Carmen Mola.  

● Tierra. Eloy Moreno.  

● El infinito en un junco. Irene Vallejo.

●     El arte de engañar al karma. Elísabet Benavent.  

● La novia gitana. Carmen Mola.  

● El corazón con que vivo. José María Pérez “Peridis”.  

● Un océano para llegar a ti. Sandra Barneda.  

● Invisible. Eloy Moreno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario