A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en febreiro
• O venres día 11, en horario de 16:15 ás 21:00 horas e o sábado día 12, de 10:15 ás 15:00h.
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda en febreiro e estará emprazada na rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural) o venres día 11, en horario de 16:15 ás 21:00 horas e o sábado día 12 de 10:15 ás 15:00h.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar, e despois de xantar agardar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil, se estamos tomando algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario