27 de xan. de 2022

A GUARDA

O Concello de A Guarda dotará dunha zona de aparellos biosaudables á Portela, en Salcidos 

•  Un espazo que complementarase coa zona infantil e a zona polideportiva existente neste emprazamento de Salcidos



O alcalde e o concelleiro de Vías de Obras, do Concello de A Guarda, no lugar onde será ubicado unha zona de aparellos biosaudables
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público que a institución municipal "dotará nos vindeiros días dunha nova zona de biosaudables que estará emprazada nunha parcela anexa á zona infantil e á zona polideportiva da Portela, na parroquia de Salcidos. 

 Esta parcela, mercada polo Concello de A Guarda para o seu uso público, contará con preto dunha ducia de diferentes elementos de biosaudables. 

 Un novo espazo de biosaudables súmase aos xa existentes na vila na zona da Pasaxe en Camposancos ou nos xardíns do Centro Cultural. 

 Esta nova zona pública complementa ao proxecto de Reforma e mellora da zona infantil e deportiva da Portela, unha obra que será executada con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, na que realizarase unha actuación integral no seu conxunto. 

 Estas actuacións na Portela, en Salcidos, forman parte das diferentes actuacións que se están a acometer por parte do Concello de A Guarda en parques infantís e zonas deportivas de todo o municipio, coma as xa realizadas en Laxe Grande ou na zona deportiva do Codesal en Camposancos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario