27 de xan. de 2022

TOMIÑO

Volve o club infantil de lectura a Tomiño o vindeiro venres 4 de febreiro  

O Concello organiza, a través do voluntariado local da OMIX que terá lugar durante o curso escolar 2022  

Os nenos e nenas de 8 a 12 anos interesadas poden apuntarse de balde a través da web do Concello  




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño volve organizar, a través do grupo de voluntariado local da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), o club de lectura infantil. Comezará o vindeiro venres 4 de febreiro e levarase a cabo todos os venres na OMIX con horario de 16.30 a 17.30 horas. Os nenos e nenas de 8 a 12 anos interesadas poden apuntarse a través da web do Concello.  

 As persoas asistentes van realizar lecturas de diferentes temáticas, moi interesantes para o público infantil. As voluntarias a cargo desta actividade van fomentar o uso da lingua galega, a lectura e o pensamento crítico. O concello destaca que con esta actividade “apostamos por potenciar a cultura e lectura entre os máis pequenos e pequenas” ao tempo “que desenvolven outras capacidades como pode ser a de falar en público ou traballo en grupo”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario