A Guarda acollerá dous obradoiros dirixidos a mulleres emprendedoras
• Os obradoiros realizaranse grazas a un convenio entre o Concello de A Guarda e a Fundación Cibervoluntarios, e son de carácter gratuíto.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda abre o prazo de inscricións para dous obradoiros, dirixidos a mulleres emprendedoras, que terán lugar os días 20 e 27 de xaneiro.
En colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, os obradoiros realizaranse de xeito en liña a través da plataforma Zoom, polo que tan só é preciso dispor un dispositivo tipo PC (ordenador persoal), teléfono intelixente ou tableta.
Ofértanse dous obradoiros, un de nivel básico sobre “Transformación dixital” e outro de nivel intermedio sobre “Cómo crear anuncios en Facebook e Instagram”.
No obradoiro sobre “Transformación Dixital” traballarase sobre que é a transformación dixital; creación de perfís de negocio en Facebook e Instagram; a importancia da presenza en redes sociais; as súas vantaxes; as diferencias existentes entre grupos; páxinas e perfís privados en Facebook; como crear contidos atractivos e de valor en redes sociais; formatos, encadres e consellos; creación de contos e vidas; ferramentas gratuítas existentes e casos de éxito.
Terá lugar o xoves día 20 de xaneiro en horario de 19:00 a 20:30h.
No obradoiro “Cómo crear anuncios en Facebook e Instagram” falarase da creación de anuncios en Facebook e Instagram; a planificación de publicacións; como facer contidos máis impactantes; consellos para Facebook e Instagram; vantaxes dos anuncios; definir obxectivos, lugares, formatos e presupostos; administración e segmentación de anuncios e rendementos; tipos de audiencias e tipos de segmentacións; ferramentas; casos de éxito, ..., entre outros.
Terá lugar o xoves día 27 de xaneiro en horario de 19:00 a 20:30h.
As inscricións están xa abertas remitindo un correo electrónico a muller@aguarda.es ou chamando ao Centro de Información á Muller (CIM), de A Guarda, ao teléfono 986 614 648 indicando o nome, apelidos, teléfono e correo electrónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario