9 de mar. de 2021

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia

(136ª parte)  

 

                      Símbolos benedictinos no mosteiro de Rendufe (Portugal)
 

ENCONTROS  POLIORCÉTICOS / Oia   

 Costuma-se  fazer  alusão  a  uma  meia  verdade:  aquela  que  refere  a  escassa  legislação  estatal  relativamente  à  paisagem  e  essa  outra  que  outorga  uma  certa  vantagem  aos  textos  das  diversas   Comunidades  Autonómas  em  matéria  de  paisagismo.  O  facto  de  existir  letra  impressa  não  desdiz  a  ideia  de  existirem  ainda  muitos  voluntarismos  e  inércias  próprias  da  "inovação"  (existência  das  'Diretrizes  da  Paisagem'  ou  do  'Regulamento'  da  Lei  de  Proteção  da  Paisagem  de  Galiza  provocam  reticências  nas  pessoas  que  conhecem  de  perto  a  maneira  de  atuar  dos  amigos  das  promotoras  urbanas  costeiras  (PUC),  dos   amigalhaços  dos  acréscimos  artificiais,  dos  emplastros).  Pelos  vistos,  Galiza  é  uma  "arcadia"  geográfica  onde  pode-se  afirmar  com  toda  a  lata  do  mundo  que  não  houve  alterações  significativas  das  paisagens  nos  últimos  quarenta  ou  cinquenta  anos  (!?).  É  como  começar  a  casa  pelo  telhado,  criar  mais  miragens  e  falsetes,  negando  a  evidência  das  coisas.  Sumariamente,  a  propaganda  repetitiva  da  Xunta  é  já  cansativa,  dado  não  irmos  na  cantiga.  Estragos  causados  pelo  feísmo  na  costa  galega  vêm  acompanhados  no  momento  presente  pela  típica  promocão  urbana  costeira  de  natureza  seriada,  holística,  impessoal  e  em  aberto  contraste  com  a  presença  de  bens  culturais  próximos,  sejam  estes  quais  forem.  Verdadeiro  debate  em  redor  de  Oia  prende-se  do  facto  de  não  haver  um  contraditório  civilizado  por  forma  a  sabermos  quem  está  a  favor  de  um  bem  cultural  e  a  sua  paisagem  anexa,  ou  quem  atua  de  travão  para  fugir  às  responsabilidades  assinadas  pelo  Estado  Espanhol.  

 


 A  revista  'Vigoempresa'  publicava  no  día  19  de  maio  de  2005  un  artigo  quando  menos  revelador,  verdadeiro  monumento  à  verdade  e  aos  mexericos  e  invejas  do  mundo  empresarial,  onde  resumia-se  um  curioso  histórico  de  circunstâncias  ligadas  à  Vasco-Gallega  de  Consignaciones.  Intitulado  "Los  extraños  caminos  de  Vasco-Gallega  de  Consignaciones"  dizia  assim:  "Que  una  empresa  propiedad  de  Romeu,  el  grupo  catalán  que  se  dedica  a  logística  de  transportes  y  distribución,  se  haya  decidido  a  adquirir el  Monasterio  de  Oia  tiene  su  miga.  O  tiene,  también,  unos  cuantos  interrogantes.  Una  operación  que,  para  sorpresa  de  todos,  tuvo  lugar  casi  a  finales  del  pasado  año.  Transcurridos  unos  cuantos  meses  todavía  no  se  sabe  lo  que  pretenden  hacer,  o  quizás,  no  hacer,  Vasco-Gallega  de  Consignaciones  con  el  inmueble.  Porque  es  cierto  que  han   hablado  de  varias  cosas  a  la  vez,  de  un  geriátrico,  de  un  hotel,  de  un  hotel  con  balneario,  pero  hasta  el  momento  no  han  concretado  ninguna.  Por  otra  parte,  de  una  manera  harto  extraña,  en  la  página  web  de  esta  empresa  especializada  en  el  transporte  marítimo  de  granito  y  madera,  se  pronostican  insólitos  viajes  jacobeos,  como  es  ese  'Camino  Portugués  de  la  Costa',  entre  Caminha  y  Santiago,  pasando  por  Oia…(sic).  Han  organizado  ya  varias  excursiones  en  colaboración  con  la  Asociación  'Amigos  dos  Pazos';  y  la  misma  página  web  que  anuncia  los  servicios  logísticos  ,  así  como  la  VENTA  DE  DOS  GRÚAS  USADAS,  es  utilizada  como  banderín  de  enganche  e  inscripción  de  los  excursionistas.  Un  poco  raro  todo  esto.  O  mejor,  bastante  raro".    

 "Quien  llevó  desde  el  principio  todo  el  asunto,  quien  intentó  explicar  el  proyecto,  es  el  propio  gerente  de  Vasco-Gallega,  Juan  Martínez,  persona  poco  o  nada  versada  en  los  asuntos  turísticos,  mucho  menos  en  legados  histórico-culturales.  Que  mas  bien  es,  por  así  decirlo,  um  hombre  de  ruda  acción  portuaria.  Lo  suyo  son  las  cargas,  los  atraques  y  las  idas  y  venidas  del  granito.  ¿Qué  pretende  una  agencia  consignataria  marítima  intentando  gestionar  de  forma  directa  un  proyecto  de  estas  características?   Mejor  se  podría  entender  si,  tras  adquirir  el  monasterio  como  inversión,  después  hubieran  creado una  sociedad  encargada  de  la  puesta  en  marcha  de la  cosa.   

 "Rarito,  rarito.  Está  claro  que  el  ruinoso  monasterio  de  Oia,  que  fue  transferido  a  manos  privadas  por  medio  de  la  Desamortización  de  Mendizábal  (1835), que  pasó  por  diversos  y  variopintos  propietarios,  entre  los  últimos  un  indiano  que  lo  descuidó  y  después  el  Banco  Pastor,  que  lo  dejó  deteriorarse  todavía  más,  no  tiene  mucha  suerte.  A  pesar  de  su  belleza  y  espléndida  situación.  ¿Está  pensando  Vasco-Gallega  gestionar  ese  futuro  geriátrico,  hotel  o  balneario  o  lo  que  sea  desde  sus  oficinas  de  la  calle  Pontevedra?  ¿Como  hace  ahora,  utilizando  su  propia  web  de  mercancías,  con  el  camino  costero  que  se  han  inventado?.  Muy  peregrino  todo,  efectivamente.  Y  las  obras  de  restauración,  por  supuesto,  no  han  comenzado".      

 Como  se  de  um  assunto  familiar  se  tratasse,  um  oportuno  dissenso  colocou-se  nesta  disputa  inter-empresarial  desde  o  ano  2004.  Mas  os  incumprimentos  são  acompanhante  habitual  de  uma  "RMO"  que  reabilita  conforme  um  "pingo  a  pingo"  abafante  (sendo  que  passou  à  Lista  Verde  do  Património  graças  somente  à  ação  de  "Movemento  Oia"  e  apoiantes  vários).  Toca  agora  lançar  um  ALERTA  PATRIMONIAL  da  mão  de  ICOMOS,  denunciar  a  políticos  e  atores  contratuais  e  evidenciar  a  intrusão  dos  desenvolvistas  e  tijoleiros  de  toda  laia,  que  andam  a  deturpar  'Convênio  Europeo  da  Paisagem'  e  'Carta  de  Veneza'.  

 Artigo precedente.   

TOMIÑO

A corporación municipal de Tomiño aprobou por unanimidade unha declaración consensuada sobre o 8M  

A alcaldesa agradeceu a actitude solidaria dos grupos do PSdeG-PSOE e PP que, aínda que levaban as súas propias mocións, optaron por presentar un só texto consensuado previamente 

 

A imaxe corresponde a un momento do pleno ordinario celebrado onte pola Corporación municipal do Concello de Tomiño -  Foto: C.T.
 
 

Infogauda / Tomiño

 O Pleno do Concello de Tomiño, reunido onte en sesión ordinaria, aprobou por unanimidade unha declaración institucional do 8M, logo de que esta fora consensuada entre os tres grupos políticos que conforman a corporación municipal.  

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González (BNG), agradeceu a actitude da oposición, que aínda que levaba as súas propias declaracións, decidiu apoiar a do grupo de goberno, logo de debatela e consensuala entre todos os concelleiros e concelleiras.  

 “Na convicción de que nesta situación de crise é preciso o traballo de todas e todos, e asumindo a responsabilidade que nos corresponde como representantes da cidadanía, todos os grupos políticos do Concello de Tomiño deixan constancia do seu compromiso común coa igualdade plena, efectiva e real entre mulleres e homes”, recolle textualmente a declaración aprobada onte.  

 A alcaldesa salientou o feito de que durante a pandemia se fixo evidente a desigualdade existente entre homes e mulleres, estando as últimas na primeira liña da crise sanitaria e realizando traballos relacionados cos coidados que non contan co recoñecemento que merecen.   

 A tal efecto, a corporación municipal acordou en primeiro lugar, expresar e recoñecer o traballo, tanto remunerado coma non, das mulleres na crise da Covid-19; impulsar e reforzar o marco normativo municipal para que se introduza de xeito tranversala perspectiva de xénero en todas as accións levadas a cabo dende o Concello; continuar coa loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións, e ampliar o Plan de Sensibilización Municipal de concienciación do conxunto da sociedade en favor dunha organización social corresponsable e de horarios máis racionais.  

 Polo mesmo, acordouse demandar das administracións competentes, o aumento dos recursos destinados á inspección laboral e o impulso da creación dun corpo específico que teña competencia para realizar inspeccións aleatorias co fin de testar a existencia ou non de discriminacións por razón de xénero. 

 Asemade, instarase á Xunta de Galicia a fomentar, en colaboración coas entidades locais, medidas e programas de conciliación nos que se incorpore a perspectiva de xénero, e impulsar a aprobación de novas medidas que alenten a corresponsabilidade, a través de plans específicos, así como o desenvolvemento de  programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero.  

 Impulsar políticas dirixidas a pechar as moitas brechas que quedan aínda pendentes (laboral, salarial, social) ou crear un Plan de sensibilización e concienciación do conxunto da sociedade en favor dunha organización social corresponsable e de horarios máis racionais, foron outras dúas medidas que se trasladarán á Xunta de Galicia para a súa implementación.

MOBILIDADE TRANSFRONTEIRIZA

AS NOVAS BICIS TRANSFRONTEIRIZAS DO MIÑO TERÁN ESTACIÓNS DE INTERCAMBIO Á BEIRA DO RÍO E NOS CASCOS URBANOS DAS EUROCIDADES   

· A iniciativa, promovida polo AECT Río Miño, comezará a funcionar antes do verán co obxectivo de fomentar a mobilidade sustentable e o turismo

 


Infogauda / O Baixo Miño 

 As beiras do río Miño e os cascos urbanos das Eurocidades de Tui-Valença do Minho, Tomiño-Vila Nova de Cerveira e Salvaterra de Miño-Monçao serán os lugares onde se instalarán as estacións de intercambio das novas bicicletas transfronteirizas do servizo de préstamo que está a poñer en marcha o AECT Río Miño. Así o decidiron o persoal técnico dos concellos e do agrupamento europeo, nos vindeiros días van definir as localizacións concretas.  

 Dende o AECT e as Eurocidades están a dar todos os pasos para que de cara ao bo tempo (e coa apertura da fronteira mediante) o proxecto de ‘bicicletas compartidas’ estea en marcha e a disposición tanto da veciñanza da zona como para o turismo. Segundo destacou o vicedirector do AECT Uxío Benítez Fernández, búscase que esta iniciativa sexa funcional, permitindo que se poida circular nas bicicletas a “unha e outra beira do río ben por motivos de ocio ou de necesidade” fomentando a mobilidade sustentable e tamén o turismo no territorio miñoto.  

 Nestes momentos estase a ultimar o sistema tecnolóxico das tarxetas das persoas usuarias e  a APP que regulará o uso, así como realizando os trámites administrativos necesarios para a aprobación do regulamento de uso e o contrato dos seguros e mantemento. O horizonte, segundo confirmou Benítez, é que antes do verán o servizo estea en marcha e que todas as persoas que vivan ou visiten as Eurocidades teñan a disposición este sistema de mobilidade natural de maneira gratuíta. 

 Este proxecto trátase dunha iniciativa piloto pioneira na fronteira ibérica para potenciar a mobilidade suave, ou o que é o mesmo, o uso alternativo aos vehículos a motor. De feito, enmárcase dentro do Plan de Mobilidade Sustentable Transfronteiriza (PMST), promovido pola Deputación de Pontevedra no ámbito do proxecto ‘Estratexia de cooperación intelixente do río transfronteirizo do Miño’ - Smart Miño - cofinanciado polo Programa Interreg VA. 

 Nun primeiro momento haberá 42 bicicletas repartidas en grupos de sete para cada concello das Eurocidades. Poderanse utilizar a través dunha APP virtual que permitirá o desbloqueo da bicicleta previo rexistro. Cada bicicleta terá un sistema de localización GPS, polo que estará permanentemente localizada. As bases de recollida e intercambio non disporán de ancoraxes físicas. 

 A empresa encargada do subministro e mantemento inicial é Soltráfego, responsable do servizo de ‘bicicletas compartidas’ en Lisboa ou Porto.

PONTEVEDRA

O MUSEO DE PONTEVEDRA  LANZA O CONCURSO FOTOGRÁFICO XUVENIL ‘PEGADAS DO MAR E DA TERRA’ COMO COMPLEMENTO Á EXPOSICIÓN DE JOSÉ SUÁREZ   

· O certame está dirixido á mocidade de ESO e Bacharelato, que debe presentar fotos en branco e negro feitas co móbil antes do 11 de abril  

· Está aberto o prazo para inscribirse nas visitas guiadas á mostra fotográfica todos os xoves e sábados 

 

                    Fotografía da serie ´Mariñeiros´, de José Suárez
 

Infogauda / Pontevedra

 O Museo de Pontevedra vén de convocar o concurso fotográfico xuvenil ‘Pegadas do mar e da terra’ como actividade complementaria á exposición de José Suárez (Allariz, 1902 - A Guarda, 1974). Está dirixido a mozas e mozos que cursen ESO ou Bacharelato, que deben presentar as súasimaxes antes do 11 de abril seguindo as características das creaciónsdo fotógrafo de Allariz.  

 O persoal do servizo de Educación do Museo lembra que José Suárez inmortalizou coa súa cámara o traballo das galegas e galegos e as súas pegadas no mar e na terra. Por iso como homenaxe a el, as fotografías presentadas no concurso deben ser en branco e negro e xirar en torno a unha desas dúas temáticas, onde os obxectos e as xentes vencelladas a estes labores tradicionais sexan os verdadeiros protagonistas: aparellos de pesca, marisqueo ou de labranza, pezas de olería, embarcacións tradicionais, etc.  

 Cada participante poderá presentar unha única fotografía en branco e negro, preferentemente en formato horizontal, sendo unha obra propia, orixinal e inédita. As fotografías deberán ser enviadas a educacion.museo@depo.es xunto co nome e o curso do autor/a e o do seu centro educativo, o título da obra e categoría na que participa (Pegadas do mar ou Pegadas da terra), un breve comentario da peza fotografada (identificación, uso, características…), e mes e ano da realización da fotografía. No caso de que nas fotografías aparezan persoas que poidan ser identificadas polo seu rostro deberase contar coa súa autorización.   

 O prazo límite de presentación de fotografías será o 11 de abril. Os aspectos a valorar serán a orixinalidade e calidade artística e técnica da imaxe; a idoneidade do título; o seu contido relacionado co tema do concurso; e o comentario que acompaña ao obxecto retratado.  

 Outorgaranse dous premios en función do nivel educativo, ESO e Bacharelato, en cada unha das categorías temáticas. As autoras ou autores das obras seleccionadas recibirán un agasallo vinculado coa fotografía e o catálogo da exposición de José Suárez. Os premios serán publicados na web e no Facebook do Museo xunto cunha selección de obras escollidas polo xurado entre o conxunto das presentadas.  

 O xurado estará formado por profesionais do Museo vencellados aos fondos fotográficos. O fallo darase a coñecer nos días inmediatos á fin do concurso e comunicarase a través dunha chamada telefónica e da web e do Facebook do Museo.   

Visitas guiadas á exposición ‘José Suárez 1902-1974’  

 Ademais do concurso fotográfico vanse poñer en marcha todos os xoves e sábados ás 18 horas as visitas guiadas á exposición ‘José Suárez 1902-1974’. Só está permitido que participen catro persoas por sesión debido á situación creada pola COVID, polo que é necesaria inscrición previa a través do teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico educacion.museo@depo.es, en horario de 8:30 a 14:30 h.Tanto a entrada á exposición como a participación na visita guiada é gratuíta.

TURISMO

A Gala do Turismo da Deputación de Pontevedra regresa a Vigo cos chefs con Estrela Michelin da provincia como novos embaixadores de Rías Baixas  

Carmela Silva (presidenta do ente provincial): "Será un evento con moitas sorpresas, co que daremos apoio ao sector e homenaxearemos aos cracks que sitúan a nosa cociña na vangarda internacional" 

 

A presentación na sede viguesa da Deputación de Pontevedra contou con convidados especiais conectados por vía telemática - Foto: D.PO.

 

Infogauda / Vigo

  A  Gala Provincial do Turismo da Deputación de Pontevedra volve ao Auditorio Mar de Vigo tralo parón de 2020 pola pandemia. E farao cunha cerimonia que, segundo adiantou esta mañá a presidenta da institución, Carmela Silva, "será dinámica, con música, espectáculo, moitas sorpresas e respectando todos os protocolos fronte á COVID-19". A presentación na sede viguesa da Deputación de Pontevedra contou con convidados especiais conectados por vía telemática, os chefs Pepe Solla (Casa Solla, en Poio), Rafa Centeno (Maruja Limón, Vigo), Alberto González Prelcic (Silabario, Vigo) e Iñaki Bretal (O Eirado da Leña, Pontevedra), todos con estrela na Guía Michelin. "Eles e os demais chefs dos sete restaurantes con estrela da provincia serán os nosos Embaixadores Rías Baixas 2021", desvelou Carmela Silva. Aos presentes súmanse Javier Olleros (de Culler de Pau, O Grove, restaurante que acadou dúas estrelas e que codirixe Amaranta Rodríguez), Pepe Vieira (do establecemento que leva o seu nome en Poio), Inés Abril (de Maruja Limón xunto a Centeno) e Yayo Daporta (do restaurante co seu nome, en Cambados).

  O evento terá lugar o día 24 de marzo e alí a Deputación fará entrega dos diplomas do selo de calidade do SICTED aos e ás representantes de 136 empresas privadas e entidades públicas do sector turístico da provincia. "Queremos mostrar todo o noso apoio ao sector do turismo, o comercio e a hostalería, que ten sufrido un enorme impacto económico, e cremos que este é o momento para homenaxealos e prepararnos para saír desta situación con máis forza", explicou Carmela Silva. Na provincia hai 303 empresas no SICTED, das que recibirán os diplomas aquelas 136 que acaban de obter o selo ou ás que lles toca renovalo. "Somos líderes nacionais neste distintivo de calidade, que acredita a excelencia do noso sector", resaltou a presidenta.

  O acto terá unha presentadora moi especial. "A gala estará conducida por Celia Freijeiro, viguesa e unha das nosas grandes actrices de cine, televisión e teatro", anunciou Silva. A intérprete de Vida Perfecta, serie premiada no Festival de Series de Cannes, xa protagonizara o vídeo oficial de "Sigue o teu instinto", a campaña turística da Deputación en 2020. A campaña deste ano, "Momentos Rías Baixas", será o fío condutor da Gala. "Será unha viaxe pola provincia, os bosques e rías, castelos, gastronomía, cultura, festas e Camiño de Santiago, e xirará en torno a momentos: un atardecer, un paseo pola natureza, unha visitas ás Cíes, ou unha experiencia gastronómica nun dos nosos restaurantes con Estrela Michelin", resaltou a presidenta.

  Durante o vento proxectarase o vídeo de "Sigue o teu instinto" adaptado para os festivais internacionais aos que se presentará, e un vídeo de "Momentos Rías Baixas" protagonizado por persoas do sector. Ademais anunciaranse as gañadoras e gañadores do primeiro concurso "Momentos Rías Baixas", que está aberto en redes sociais e que recibiu xa máis de mil imaxes. "Será un gran espectáculo, moi dixital e tecnolóxico, cunha gran pantalla curva tralo escenario que chamará moito a atención e photocall con imaxes do comercio, hostalería, artesanía... para facerlles unha homenaxe a todas as persoas que contribúen a facer provincia e teñen sufrido moi especialmente as consecuencias da crise pola pandemia", engadiu a presidenta.

"O buque insignia da nosa gastronomía"

  Carmela Silva felicitou aos e ás chefs e aos seus equipos polo gran éxito colleitado este ano. "Estámosvos moi agradecidos por dicir que si á proposta de que sexades embaixadores. Os chefs Michelin son un orgullo, o buque insignia da nosa gastronomía. Son os cracks da nosa cociña, e sitúannos na vangarda internacional. E detrás dos seus pratos hai un respecto e coidado ao produto que extraen do mar, da terra e os viñedos miles de produtores e produtoras: mariscadoras, mariscadores, gandeiros e gandeiras, agricultoras e agricultores… As persoas que fan que a nosa enogastronomía goce de prestixio en todo o mundo", salientou Carmela Silva.

  Pontevedra provincia era xa unha potencia a nivel nacional en Estrelas Michelin, con 5 restaurantes galardoados, e en 2021 alcanzáronse tres fitos máis: sumáronse Eirado da Leña e Silabario (que xa a tiña na súa etapa anterior en Tui); por primeira vez un restaurante da provincia acada as dúas estrelas, Culler de Pau; e tanto Culler de Pau como Pepe Vieira entraron na lista de 21 restaurantes de España que recibiron a Estrela Verde, a nova distinción da Guía Michelín que recoñece o traballo a prol da sostibilidade no campo gastronómico.

Os chefs: "Sentímonos honrados"

  Os chefs tomaron a palabra para agradecer á Deputación o nomeamento e salientar que o éxito da gastronomía das Rías Baixas é colectivo, desde os produtores e produtoras ata as cociñeiras e cociñeiros. "O recoñecemento da nosa cociña é un traballo de todas as persoas que están detrás de nós. Sentímonos honrados, asumimos o reto de ser embaixadores e agradecemos que desde a Deputación organicedes actividades como esta gala, responsables e con todas as medidas", destacou Pepe Solla.

  Rafa Centeno redundou en que "a xente que traballa con nós forma parte tamén dos embaixadores e todos xuntos imos ser capaces de situar aínda máis alto o destino Rías Baixas". Alberto González salientou na mesma liña que "esta crise puxo de manifesto a necesidade de estar xuntos e o sector precisa do pulo da Administración: o camiño é a cooperación". Pola súa parte, Iñaki Bretal anotou que "é o momento de axudarnos entre todos a dar xuntos o mellor de nós e facer un destino aínda máis sostible e de calidade".

  Os chefs recibirán durante a gala como recoñecemento unha peza de artesanía creada por Ana Tenorio, premio Artesanía de Galicia 2018, e inspirada na camelia das Rías Baixas.

Protocolos fronte a COVID-19 e retransmisión en directo

  Carmela Silva fixo fincapé en que na Gala aplicaranse todos os protocolos fronte á COVID-19. "Cumpriremos exhaustivamente todas as medidas de seguridade, tanto de limitación de aforo como de distancia entre as butacas no hall do Auditorio Mar de Vigo. As fotos de familia dos distintos grupos faranse por quendas reducidas, e a asistencia tanto dos e das premiadas como dos alcaldes, alcaldesas e demais autoridades, será con invitación e confirmación expresa para garantir que se cumpre o aforo", destacou. O evento poderá seguirse por retransmisión en directo na páxina web da Deputación de Pontevedra e a través das redes sociais.

LÍNGUA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DESTINA 220.000 EUROS A CONCELLOS E ENTIDADES CULTURAIS DA PROVINCIA PARA DESENVOLVER ACTIVIDADES E PROGRAMAS DE FOMENTO DA LINGUA GALEGA  

A edición 2021 aumentará a puntuación aos concellos que teñan Servizo de Normalización Lingüística e permitirá solicitar subvencións para varios eventos dun mesmo programa   

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de abril

 

                     María Ortega, deputada provincial - Foto: D.PO.
 

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, a través do servizo de Lingua, vén de facer públicas as bases de subvencións dirixidas aos concellos e ás entidades culturais sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2021. Estas axudas, que segundo confirma a deputada María Ortega ascenden a 220.000 euros, incorporan varias novidades con respecto a anteriores edicións: priorizarán as actividades organizadas por concellos que dispoñan de Servizo de Normalización Lingüística e permitirán financiar non só unha, senón varias actividades sempre que estean dentro dun programa xeral de potenciación da lingua.  

 Segundo destaca María Ortega, estes cambios pretenden “poñer en valor aos concellos cunha maior sensibilidade a prol da lingua galega permitindo consolidar a súa programación, máis sempre cuns criterios claros e dentro da concorrencia competitiva”. Repartiranse 120.000 euros entre as entidades solicitantes e100.000 euros entre osconcellosde menos de 50.000 habitantes.  

 As actividades subvencionables deberán estar encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores que teñan repercusión social. Búscase que as actividades que organicen os concellos no seu termo municipal estean dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega, é dicir, a “fomentar o uso e o prestixio do galego no conxunto da sociedade” e que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.  

 Entre outras, subvencionaranse as seguintes accións: o fomento da creación e difusión cultural en lingua galega (certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, feiras e eventos), traballos de sociolingüística e toponimia (estudos e publicacións sobre sociolingüística, xornadas e publicacións de recuperación da toponimia), fomento do emprego do galego no comercio e na industria (xornadas, campañas e publicacións), recoñecementos e distincións (Día das Letras Galegas ou calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade), e fomento do emprego do idioma galego (para a captación de neofalantes e dinamización e normalización).  

 A axuda para a realización de actividades de dinamización da lingua tanto para os concellos como para as entidades non poderá superar o 75 % do orzamento presentado para a súa realización.  

 O prazo de presentación de solicitudes finalizará o vindeiro 15 da abril despois das publicación das bases e os extractos das convocatorias no Boletín da Provincia logo de ser aprobados en Xunta de Goberno do pasado 26 de febreiro.

GALICIA

8M: As mulleres con problemas de saúde mental tamén contan nunha sociedade que as invisibiliza  

•    A propósito do Día da Muller, Saúde Mental FEAFES Galicia reivindica unha maior visibilidade e participación das mulleres con problemas de saúde mental e denuncia a violación dos seus dereitos.  

•    O proxecto fotográfico “Elas tamén contan”, realizado coa colaboración de Pedrido Fotografía, pretende poñerlle cara e darlle voz a mulleres con problemas de saúde mental. 

 


Ana Escrigas / Santiago de Compostela

 As mulleres con problemas de saúde mental son un colectivo frecuentemente invisibilizado e pouco considerado nunha sociedade na que prima a supremacía do home e na que existe unha importante discriminación cara a discapacidade. Por iso, a iniciativa “Elas tamén contan” pretende dar protagonismo a estas mulleres a través dunha serie fotográfica composta por 15 retratos de 5 mulleres.  

 Este proxecto foi realizado grazas á colaboración de Pedrido Fotografía a través do seu programa Agarimo de Responsabilidade Social Empresarial, o cal favorece o desenvolvemento de accións socialmente comprometidas coa visibilización de colectivos en situación de vulnerabilidade. 

 

                                                     Nuria
                                                     Tania

 As imaxes serán presentadas e difundidas de xeito dixital na páxina web e as redes sociais de Saúde Mental FEAFES Galicia durante a semana do Día da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. Realizarase tamén unha exposición virtual das mesmas, a través dunha galería dixital que simula unha sala de exposicións onde poderán verse todas as fotografías. Xunto aos retratos, a campaña inclúe unha serie de testemuños das mulleres nos que expresan as súas inquedanzas e fortalezas, permitindo así coñecelas máis e achegarnos ás súas experiencias de vida.  

Mulleres e saúde mental, unha tripla discriminación 

 As mulleres con problemas de saúde mental experimentan unha tripla discriminación debido á súa condición: o rexeitamento que provoca a discapacidade, o estigma asociado aos problemas de saúde mental e a discriminación derivada de ser muller.  

 Isto provoca un gran prexuízo social e importantes dificultades no eido laboral, pois as mulleres con problemas de saúde mental son dos colectivos que atopan máis obstáculos para acceder a un posto de traballo. Como consecuencia, carecen de recursos económicos polo que a miúdo son dependentes das súas parellas. 

 Por outra banda, as mulleres con problemas de saúde mental ven frecuentemente dificultado o exercicio da súa maternidade, baseándose na falsa crenza de que non van ser capaces de ofrecer unha crianza sa ou ter un vínculo maternofilial axeitado. Nos casos máis extremos, o diagnóstico utilízase como argumento para quitarlles a custodia dos seus fillos ou fillas. 

 Tamén é un feito recoñecido que a violencia de xénero exercida sobre as mulleres con problemas de saúde mental, moitas veces por parte das súas parellas e ex-parellas, é máis frecuente que a que se exerce sobre o resto das mulleres. 

 Con todo, a pesar de que a saúde mental das mulleres se recoñece como o campo de maior impacto no benestar individual, familiar e social, non existe unha abordaxe de xénero nas políticas de saúde mental. Tamén é escaso o enfoque de xénero nas intervencións sanitarias e sociais dos problemas de saúde mental, así como na avaliación das mesmas. 

Un programa para a atención integral a mulleres 

 O “Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade”, no cal se engloba a iniciativa “Elas tamén contan”, trata de fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a discriminación que sofren as mulleres con problemas de saúde mental. Financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e executado por Saúde Mental FEAFES Galicia, o obxectivo deste programa é dotar ás participantes dunha maior autonomía e independencia que permitan mellorar a súa situación persoal, social e laboral, ofrecendo deste xeito unha atención personalizada e especializada a cada unha delas.  

Saúde Mental FEAFES Galicia 

 Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con problemas de saúde mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida destas persoas e das súas familias. O ámbito de actuación de Saúde Mental FEAFES Galicia abrangue todo o territorio autonómico, agrupando actualmente a 15 asociacións que posúen centros e servizos en máis de 30 localidades galegas. 

MOVEMENTOS SOCIAIS

10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega 

A xornada reivindicativa coincide este 2021 coa convocatoria dunha folga comarcal en Ferrolterra

 


 

Infogauda / Galiza

 O 10 de Marzo é o Día Clase Obreira Galega, data na que conmemoramos as loitas vividas no 1972, principalmente en Ferrol, e meses máis tarde en Vigo. Nestas mobilizacións de Ferrol foron asasinados pola policía franquista os traballadores da antiga Bazán Amador e Daniel, mártires do movemento obreiro galego contemporáneo e da loita contra a precariedade e polo dereito á negociación colectiva en Galiza.  

Mobilizacións deste 10 de Marzo 

- Ferrol, ás 12:00h, manifestación conxunta dende a rotonda da Avda. Nicasio Pérez con Trincheiras no marco da xornada de folga xeral convocada para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.  

- Vigo, ás 18:30h, manifestación da CIG con saída de Vía Norte.  

- Santiago, 19:30h, manifestación da CIG con saída da Praza Roxa.  

- Ourense, ás 11h, manifestación da CIG con saída dos Xardíns do Padre Feijoo.

 Esta loita segue vixente, e con máis forza ca nunca, por iso o 10 de marzo deste ano está convocada unha folga xeral na comarca de Ferrol. Folga xeral que é a resposta necesaria para evitar a destrución de emprego e reverter a grave crise industrial que se vive nesta bisbarra.  

 Esta crítica situación esténdese polo conxunto de Galiza, pero de forma máis dura nas comarcas do norte: A Coruña, Ferrol, As Pontes, A Mariña, Terra Chá, etc, comarcas que teñen unha vida en común e que se están a ver enormemente afectadas.  

 O deterioro dos estaleiros, a falla de carga de traballo para Navantia, o peche da Central Térmica das Pontes e de Meirama, de Siemsa-Gamesa, a falla de garantías de continuidade no caso da fábrica de Alu-Ibérica, o peche dos centros de traballo de Naturgy na Coruña, a propia situación da industria electrointensiva, que pon en risco unha comarca enteira, como é o caso da Mariña, onde segue en risco a continuidade da única fábrica existente de aluminio primario.  

 Toda esta realidade exemplifica o que ocorre noutras comarcas do país e en moitos sectores económicos (hostalería, comercio, sector bancario, etc) polos efectos da crise e pola nefasta xestión que dela fan os Gobernos español e galego, que son incapaces de tomar medidas para afrontar esta situación e frear a destrución de emprego.  

 Neste momento imos camiño dun empeoramento da crise con ERE, peches de empresas, abaratamento nos despedimentos masivos, modificacións das condicións de traballo, descolgues salariais, inaplicación de convenios colectivos, imposición do teletraballo, impacto da dixitalización e descarbonización da economía, etc, que están estendendo a destrución de emprego, a pobreza laboral, pero tamén aumentando a desigualdade de xénero e a exclusión social.

 Esta crise sanitaria, económica e social pon de manifesto as altas taxas de desemprego, temporalidade e parcialidade que golpea nunha parte moi importante da clase traballadora, pero tamén causa un forte debilitamento nos nosos sectores produtivos, tanto o agrario como o pesqueiro.  

 Estamos comprobando que, de novo, se pretende saír desta crise cun novo saqueo á clase traballadora galega, con políticas máis centralistas que reforzan nas elites españolas a concentración de riqueza e de máis beneficios, aplicándose a fondo na chamada unidade de mercado e acudindo aos fondos europeos, que traerán novos recortes socias e máis empobrecemento ás clases populares.

 Estamos ante un sistema insostíbel socialmente, que a pandemia rematou de detonar, polo que o futuro do pobo galego atópase hipotecado se non cambiamos o rumbo.  

 É hora de decidir que intereses se defenden: os das grande empresas, a base de ter carta branca para o que queiran e aceso a recursos públicos millonarios para afrontar a crise, ou os das maiorías sociais.

 Por todo isto, a CIG esixe cambios reais, un plano galego de recuperación económica, industrialización e creación de emprego digno na Galiza, de recuperación dos dereitos laborais e sociais sobre a base da derrogación das reformas laborais, dunha transición enerxética galega xusta, de reforzar os servizos públicos, de aprobar medidas urxentes de protección e dereitos sociais, etc.  

 O 10 de Marzo é un día para dar unha resposta colectiva e de defensa dos nosos intereses desde unha perspectiva nacionalista e de clase, desde a mobilización e a activación social para que poidamos conquistar o dereito a vivir e a traballar dignamente na nosa terra.

A GUARDA

Marta Verde Rodríguez, nomeada presidenta da Comisión de Clase Aberta da Federación Española de Sociedades Filatélicas 

O acordo foi adoitado por unanimidade da xunta directiva de FESOFI 

 

                                        Marta Verde Rodríguez - Foto: S.F.N.G.
 

 Infogauda / A Guarda

 A Filatelia de Galicia, en xeral, e a guardesa, en especial, están de parabén, toda vez que a xunta directiva da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI), na súa reunión celebrada o día 6 deste mes de marzo de 2021, acordou por unanimidade nomear á Marta Verde Rodríguez, presidenta da Clase Aberta de FESOFI. Dese xeito Marta Verde Rodríguez, de Camposancos (A Guarda), compoñente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.), é a segunda muller membro da xunta directiva de FESOFI desde a súa fundación en 1963. Asemade, desde o pasado sábado, Marta é - xunto con José Ángel Gándara Rodríguez, que pertence á Comisión de Temática -, a segunda asociada da S.F.N.G., membro de FESOFI. 

UN AMPLO HISTORIAL E BRILLANTE PALMARÉS NA FILATELIA ASOCIATIVA 

 Marta Verde Rodríguez posúe un amplo historial na filatelia asociativa. Desde 1998 é membro da xunta directiva da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, sendo a responsable da Sección Xuvenil, e desde 2010 ata a actualidade, tesoureira.  

 Desde o ano 2009 forma parte da xunta directiva da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), como vogal de Vitrinas e Adxunto de Mocidade.  

 Como coleccionista e expositora tamén posúe un amplo palmarés tanto na Clase Temática como na Clase Aberta. O seu primeiro contacto coa filatelia competitiva foi en 2007, na Exposición Filatélica de Galicia (EXFIGALICIA), participando cun cadro coa colección temática “A unión do home co reino vexetal”, logrando 63 puntos e medalla de Prata. 

 En 2013, na Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA), participou na Clase Temática coa súa colección “Beleza e cosmética natural”, obtendo 77 puntos e medalla de Vermeil. 

 En 2014, na Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA) participou no apartado de Literatura co libro “Algo máis que selos”, obtendo 72 puntos e medalla de Prata Grande. 

 E no 2020, participou na Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA) expondo súa colección de Clase Aberta, “Ao son da gaita”, coa que obtivo 80 puntos e medalla de Vermeil Grande.

 Ademáis de polas súas cualidades humanas, a traxectoria de Marta Verde Rodríguez, como coleccionista e expositora filatélica, merece as máis sinceiras felicitacións e moitos éxitos na súa andaina persoal.