10 de dec. de 2021

VIGO

CONCENTRACIÓN SINDICAL PARA RECLAMAR UN CONVENIO XUSTO

· O luns, día 13 de decembro de 2021, ás 10:30 horas, diante da sede central de Abanca en Vigo (rúa García Barbón, 1-3)


Representantes da CIG, CCOO, UGT, USO e CUT, nunha recente rolda de prensa no local da CIG de Vigo 
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG, CCOO, UGT, USO e CUT, sindicatos con representación no comité de empresa de  Nueva Pescanova, desenvolverán unha concentración diante da sede central de Abanca en Vigo (rúa García Barbón, 1-3) - accionista maioritario da  compañía -, o luns día 13 de decembro de 2021, ás 10:30 horas, para reclamar un convenio colectivo digno. Dende as centrais sindicais denuncian que a  empresa de alimentación ofrece unha suba salarial mínima, polo que o cadro de persoal non descarta  unha convocatoria de folga ante a falta de vontade da dirección en pactar unhas condicións laborais  xustas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario