Os Socialistas de Oia piden urxentemente a solución da falla de médicos no Centro de Saúde de Oia
Desde marzo de 2020 non hai servizo de pediatría e desde o día 1 deste mes de decembro, soio hai un médico para atender a todos os pacientes
Infogauda / Oia
"Novamente o Centro de saúde de Oia atópase nunha situación complicada ante a falla de médicos, contando cun só médico e sen pediatra". Dese xeito resumen desde a Agrupación do PSdeG-PSOE de Oia, a situación da asistencia sanitaria no concello.
"Dende o pasado día 1 de decembro os veciños e veciñas do Concello de Oia atópanse novamente cun só médico para atender a todos os pacientes que acoden ao Centro de Saúde e continúan sen servizo de pediatría, situación esta última que, arrastran dende marzo do ano 2020", denuncian desde á Agrupación do PSdeG-PSOE de Oia.
"Dende o PSdeG de Oia expresamos a nosa máis enérxica repulsa ante esta situación e pedimos aos responsables políticos, alcaldesa e ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, que se poña remedio a esta situación", conclúen os socialistas oienses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario