O Concello do Rosal adórnase polo Nadal
O Mercado Municipal loce unha decoración especial para incentivar as compras no comercio de proximidade
Infogauda / O Rosal
Ao Concello do Rosal gústalle o Nadal e quere que todos os veciños e veciñas desfruten destas festas nas rúas do municipio. Por iso, este ano, quere poñer en valor a fermosa decoración dos espazos públicos. Destaca, sobre todo, a do Mercado Municipal coa que o Concello trata de incentivar as compras no comercio de proximidade, xa que, en palabras da alcaldesa, Ánxela Fernández, “mercar no Rosal vale dobre”, así como, a do Concello para facer os trámites dos cidadáns máis agradables.
A rexedora tamén quere agradecer ao CRA María Zambrano a súa colaboración coa creación de árbores de Nadal, así como a toda a veciñanza que está a traballar para decorar distintos espazos do municipio polo Nadal, dende as súas casas ata lavadoiros públicos, como fixeron os veciños de Caselas coa instalación dun nacemento. “Non podemos perder a ilusión e as ganas de alegrar aos nosos veciños e veciñas en tempos tan difíciles”, conclúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario