20 de dec. de 2021

O ROSAL

O Espazo de Autoarranxo do Concello convertérase este Nadal nun taller de reciclaxe  

O Concello organiza dende o 27 de decembro ata o 3 de xaneiro catro obradoiros neste espazo  

A veciñanza que desexe asistir debe inscribirse a a través da web do Concello  




Infogauda / O Rosal

 O Rosal é un Concello comprometido coa sostibilidade para crear un mundo mellor. Nun novo paso cara este obxectivo organiza no Espazo Autoarranxo Municipal catro obradoiros de reciclaxe e reutilización de obxectos cotiás. A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima a todos os veciños e veciñas a asistir a estes talleres e lembra que “a inscrición é a través da web do Concello e terán un custo de 2 euros”.  

 Todos os obradoiros serán polas mañás, de 11.00 a 13.30 horas. O primeiro deles será o día 27 e estará adicado a reutilización de cestas e cadernos de papel, o do 28 consistirá na creación de monecos a partir da calcetín, o 29 haberá un de creación de adornos a partir de latas e vidro e, finalmente, o 3 de xaneiro os rosaleiros e rosaleiras que queiras renovas as súas camisetas vellas poderán aprender da man de expertos e expertas no Espazo de Autoarranxo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario