9 de dec. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, gañou o Cros de Sonseca e o de Cantimpalos


Áles Sierpes Pereira, no máis alto do podio en Sonseca
Áles Sierpes Pereira tamén brillou no Cros de Cantimpalos

 Sociedade Atlética do Trega

 Fin se semana deportiva e de novos éxitos, que comenzou na mañá do domingo día 5 de decembro, en concreto no XLII Cros Nacional San Xoán Evanxelista, celebrado no circuito permanente de San Gregorio, na localidade de Sonseca (Toledo).  Esta vez Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), percorreu 3.000 metros de distancia aproximadamente, entrando en meta como primeiro Sub14 masculino,  parando o crono en 9´ 39", cunha renda de 41" sobre o segundo clasificado. 

 Pero non  só conseguiu subirse a ese pódium, senón que, o mércores día 8 de decembro tamén subiu o máis alto, no XLIX Cros Nacional Concello de Cantimpalos, (o cros máis antigo de Castela-León). 

 A pesar dunha xélida e ventosa mañá, en La Vega, na localidade de Cantimpalos, o atleta guardés brillou novamente completando un  percorrido de 2.500 metros aproximados, nun tempo de 8´01", e dese xeito logrou o triunfo da edición 2021, na categoría Sub14 masculino. 

 Con estas dúas vitorias, consolídase como un atleta referente na categoría Sub14, tanto nos croses nacionais como internacionais, conseguindo no que leva de tempada gañar en: Amorebieta (País Vasco),  Soria, Atapuerca (Burgos), Alcobendas (Madrid), Sonseca (Toledo) e por último en Cantimpalos (Segovia).  

Felicidades Álex!

Ningún comentario:

Publicar un comentario