8 de dec. de 2021

A GUARDA

CONCENTRACIÓN EN PROTESTA POLA SITUACIÓN DA ATENCIÓN PRIMARIA NA NOSA ÁREA SANITARIA

Este xoves 9 de decembro ás 13:00 horas diante do centro de saúde de A Guarda


Centro de saúde de A Guarda
Foto: Infogauda (Arquivo)



Infogauda / A Guarda

 A CIG-Saúde da comarca de Vigo convoca unha concentración este xoves 9 de decembro ás 13:00 horas diante do centro de saúde de A Guarda, "para denunciar a situación que está a vivir a Atención Primaria da nosa área sanitaria, que ten especial gravidade nos concellos da Guarda, O Rosal e Oia.  

 Esta concentración enmárcase na campaña de denuncia que CIG-Saúde está a facer en todas as áreas sanitarias pola falta de resposta da Consellería de Sanidade á crise que está a vivir a Atención Primaria, que afecta tanto a profesionais como a pacientes".  

 Durante a concentración "CIG-Saúde fará públicas novas actuacións centradas na Atención Primaria dos concellos de A Guarda, O Rosal e Oia diante da incapacidade das autoridades sanitarias para garantir unha asistencia sanitaria de calidade". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario