A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda
O venres día 7 e o sábado día 8 de xaneiro de 2022
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue visitará á vila de A Guarda o venres día 7 de xaneiro de 2022, en horario de 10:15 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado día 8 de 10:15 ás 15:00h. Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro, fronte a Centro Cultural.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar 2 horas. Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
Asemade, debemos informar ao médico da unidade móbil se estamos tomando algún medicamento.
É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.
Ningún comentario:
Publicar un comentario