10 de dec. de 2021

A GUARDA

A Praza de Abastos da vila acolle a Mostra Creativa de Nadal 

· Que estará nese espazo os días 10, 11, 17, 18 e 24 de decembro en horario de mañá

 






Infogauda / A Guarda

 Este venres día 10 de decembro comezou na Praza de Abastos de A Guarda, a Mostra Creativa de Nadal, que estará neste espazo os días 10, 11, 17, 18 e 24 de decembro en horario de mañá. 

  





 A Mostra Creativa de Nadal, na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores e marcas do Baixo Miño, é dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22, coa finalidade de incentivar o comercio local e crear sinerxias. 




 Trátase dunha iniciativa da Concellería de Desenvolvemento Local, do Concello de A Guarda, "coa que se quere seguir pondo en valor o talento creativo da nosa comarca, dinamizar o mercado municipal nun Nadal no que a creatividade é a protagonista, así como tamén o amosaron os praceiros e praceiras cos adornos da Praza de Abastos, realizados despois da súa participación nun obradoiro de decoración de Nadal".

Ningún comentario:

Publicar un comentario