15 de nov. de 2021

VIGO

O persoal de Vitrasa retomará a folga ante o rexeitamento da  empresa a todas as propostas do comité 

Os paros desenvolveranse primeiro os venres e os sábados, e a partir do  13 de decembro pasarán a ser de luns a venres de xeito indefinido 

Infogauda / Vigo

 O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, decidiu  retomar a folga debido á actitude inmobilista da empresa ao longo de case un ano de negociacións. A  representación do persoal destaca a súa flexibilidade nas negociacións, xa que para non reactivar as  mobilizacións achegou propostas relativas unicamente á mellora das condicións de traballo, como  descanso durante a xornada, duración máxima da xornada diaria, tempos de percorrido, etc, deixando  en segundo plano a parte económica para unha negociación posterior. 

 Os paros comezarán o vindeiro 19 de novembro e desenvolveranse primeiro todos os venres e os  sábados, pasando a partir do 13 de decembro a ser de luns a venres de xeito indefinido, a excepción dos festivos. 

 A principal cuestión que imposibilita o acordo ten que ver coa demanda da parte social de que se  garanta o descanso mínimo dentro da xornada, algo que na actualidade non sucede como consecuencia  das obras e do tráfico intenso. Isto está a supoñer un incremento exponencial das baixas por motivos  psicolóxicos polos altos de estrés e ansiedade.  

 En canto aos percorridos, denuncian que son imposíbeis de cumprir, “o que sumado ás obras que hai en marcha na cidade e aos atascos que se forman provoca unha gran tensión e altos niveis de estrés ao  volante, por non falar da falta de descanso que todo isto provoca”.  

 Outra das demandas ten que ver coa redución da xornada laboral diaria e anual para que o persoal de  condución non padeza xornadas de até 10 horas diarias. Outras diferencias teñen ver coa coa  contratación precaria do persoal eventual, exceso de horas extra, etc. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario