REUNIÓN DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICIA DE TOMIÑO, NA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO
Tivo lugar este xoves día 4 de novembro
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño
Unha representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño foi recibida hoxe 4 de novembro de 2021 polo Xerente da Área Sanitaria de Vigo, D. Javier Puente, e pola Directora de Atención Primaria, Dª Reyes Díaz.
Nun clima de cordialidade e boa disposición por ámbas as partes, a Plataforma puxo enriba da mesa unha serie de reivindicacións e peticións para mellorar o servicio de atención primaria no noso Concello.
A primeira destas peticións (debido ao aumento de poboación e a súa dispersión espacial) foi o aumento de persoal (tanto médicos como enfermeiros) que nos corresponden precisamente por poboación. Así mesmo que se cubran as baixas e vacacións dos facultativos, porque hai días que soamente consultan 4 médicos que soportan unha carga inxente de traballo.
Tamén se solicitou a incorporación dun odontólogo e un fisioterapeuta (que nos corresponderían por poboación).
Outra reclamación foi que volva abrir o centro de saúde polas tardes, agora que hai citas presenciais de novo.
Tratouse o tema da necesidade de contar cunha ambulancia medicalizada para a Comarca. Tema que non depende da Xerencia de área e que polo tanto se reclamará ante o organismo pertinente.
Outro dos asuntos abordados hoxe nesta reunión foi a volta das urxencias para Tomiño, un servicio que tiñamos e que foi suprimido hai tempo.
Tamén solicitamos a construcción dunha cuberta no acceso principal do centro de saúde que dea cobixo e amparo aos pacientes nos días de mal tempo, que no inverno son moitos.
Outra reivindicación da Plataforma exposta hoxe foi a reapertura do consultorio de Goián, pechado dende Marzo de 2020. Reapertura que non vai ser posible, segundo informa a Xerencia, porque o local non cumple a normativa de saúde laboral. Ante este anuncio, a Plataforma pedíralle a Administración Local que poña a disposición do Sergas outro local en Goián que reúna todas as condicións de saúde laboral. Na actualidade a médica e enfermeira de Goián pasan consulta no ambulatorio de Tomiño, o que supón que 1.600 cartillas aumenten a carga de traballo do propio ambulatorio. A boa noticia é que non hai intención de amortizar as prazas de médica e enfermeira. Polo que a necesidade de facilitar un local é imprescindible para que volvan a consultar en Goián.
A Plataforma agarda que as súas reivindicacións sexan tidas en conta e se fagan realidade o antes posible, para que as e os veciños de Tomiño volvan ter unha Sanidade Digna e de Calidade.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario