16 de nov. de 2021

TOMIÑO

RESPOSTA AO P.P. DE TOMIÑO 


De esq. á der.: Mirta Misa e Violeta de Santiago, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

 O PSdeG-PSOE de Tomiño lémbralle ao voceiro do PP no Concello que o proxecto de Presupuestos Generales del Estado para o ano 2022 (PGE 2022) aumentará a taxa de reposición respecto ao aprobado na LPGE (Ley de Presupuestos Generales del Estado) no 2021, do 100% ó 110% como taxa xeral; ascendendo ao 120% en sectores prioritarios como SANIDADE, EDUCACIÓN E CIENCIA. 

 A taxa de reposición (que determina cantos traballadores que se xubilan pódense repoñer) está agora mesmo no 110% na Sanidade. É decir, por cada 10 profesionais que se xubilan, entran 11. Co Goberno de Rajoy estivo varios anos no "10%".  110% VS 10%. De aí o noso voto en contra desa moción por demagóxica e incerta. 

 A cuestión é, si se fixera todo o que a devandita moción di, comprométese o PP a contratar a profesionais de medicina, enfermería, auxiliares e todo o que fai falta?? Porque cada vez hai menos sanitarios e iso é porque quen ten que contratar, que é a Xunta de Galicia, non o fai. E por si fora pouco, rebaixa o orzamento para a Atención Primaria en pleno colapso do servizo, pasando de 1391 millóns de euros no 2021 a 1.389 millóns  para o 2022. 

 Por último as socialistas pídenlle ao PP de Tomiño que non insulte aos veciños e veciñas; a veciñanza de Tomiño é  madura, está informada e é quen de non deixarse utilizar por ninguén. A voceira, Violeta de Santiago, suxire tamén ao voceiro popular que non erre o tiro, que faga oposición ao goberno nacionalista, pois seguro que é o que os seus votantes demandan, e non ao grupo minoritario da Corporación Municipal.  

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario