18 de nov. de 2021

TOMIÑO

O Concello de Tomiño pide a colaboración cidadá para redactar un plan de emerxencia contra a seca   

Este proceso participativo se realizará de xeito telemático a través de dous obradoiros; un entre os días 18 e 21 de novembro, e outro entre o 23 e o 25 de novembro   




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño pedirá a colaboración da cidadanía para a confección do Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca que está levando a cabo co apoio económico de Augas de Galicia, co obxectivo de establecer as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de falta de auga.  

 Neste proceso participativo haberán de participar as entidades ou organismos tales como asociacións de veciños, organizacións ambientais, asociación de comerciantes e empresarios, cooperativas agrarias, grandes consumidores de auga do municipio, medios de comunicación locais, etc.   

 Ademáis das entidades que o Concello propoña, recoméndase tamén a participación de Augas de Galicia como organismo de conca e das empresas privadas implicadas no servizo de xestión e mantenemento da rede.   

 Este proceso participativo se realizará de xeito telemático a través de dous obradoiros: un entre os días 18 e 21 de novembro, e outro entre o 23 e o 25 de novembro. Pódese acceder aos obradoiros desde nesta ligazón https://planemerxenciaseca.gal/tomino  

 As dúbidas e información adicional pódense remitir ao departamento de medio ambiente a través do correo electrónico medioambiente@tomino.gal ou chamando ao teléfono do Concello: 986 62 20 01/03. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario