25 de nov. de 2021

OIA

Oia acollerá en decembro un obradoiro de decoración floral de Nadal   

A actividade está organizaba pola asociación Fibromiño e conta coa colaboración do Concello de Oia




Infogauda / Oia

  O Centro Cultural de Santa María de Oia acollerá, durante o mes de decembro, un obradoiro de decoración floral de Nadal. A actividade está organizaba pola asociación Fibromiño e conta coa colaboración do Concello de Oia.  

 As persoas participantes neste taller de traballos manuais aprenderán a elaborar un centro de mesa co que decorar as súas casas durante as festas do Nadal. As sesións celebraranse os xoves 2, 9, 17 e 23 de decembro en horario de 15.30 a 17.30 horas.  

 A actividade é gratuíta e as persoas interesadas poden reservar a súa praza chamando aos teléfonos 616 129 960 e 600 052 184.

Ningún comentario:

Publicar un comentario